Saltar navegación

2.1 Tipos de mecanismos

Conceptos básicos

As máquinas ou mecanismos son dispositivos, ou conxuntos de pezas, que transforman unha forza aplicada (inicial) noutra resultante (final) e, ao mesmo tempo, conseguen algúns dos seguintes efectos: variar a intensidade das forzas transmitidas; modificar a súa dirección ou transformar un tipo de enerxía noutro tipo.

Segundo a súa complexidade de funcionamento podemos distinguir entre máquinas simples e compostas.

  • Máquinas simples. As que realizan a súa función nun só paso. Constan dunha ou de poucas pezas.

As máquinas simples poden clasificarse en función do principal operador en que se basea o seu funcionamento. Un operador é calquera obxecto (ou conxunto de obxectos) capaz de realizar unha función tecnolóxica dentro dun conxunto. Daquela, por exemplo, para realizar a función tecnolóxica de producir calor podemos utilizar operadores como unha resistencia eléctrica, un fogón de butano ou un facho. Os operadores poden ser mecanismos simples ou compostos.

Os operadores clasifícanse segundo a tecnoloxía á que dan lugar. Temos, entón operadores mecánicos, eléctricos, hidráulicos, térmicos, electrónicos, etc.

–      Operadores mecánicos. Actúan sobre os movementos e as forzas, e poden realizar numerosas funcións sobre elas: transmitilas, transformalas, variar a súa velocidade, dirixilas, absorber enerxía, etc. Dos operadores mecánicos estudaremos os mecanismos de transmisión lineal, os mecanismos de transformación e os mecanismos de variación da velocidade dos movementos.

–      Mecanismos de transmisión. Transmiten movementos e forzas producidos por un elemento motriz (ou motor) a outro punto, vencendo unha resistencia. Entre eles podemos diferenciar:

   Os que transmiten movemento e forza de xeito lineal: a panca, o plano inclinado, a cuña e o parafuso como exemplos de máquinas simples, e a polea e o polipasto como exemplo de máquinas complexas.

   Os que transmiten o movemento e a forza de forma circular como os sistemas de poleas con correa, os sistemas de engrenaxes e o parafuso sen fin.

–      Mecanismos de transformación: transforman entre si movementos rectilíneos e circulares. Son exemplos destes mecanismos a polea-manivela, o piñón-cremalleira, o parafuso-porca, etc.

  • Máquinas compostas. As que realizan a súa función en varios pasos encadeados. Son moito máis complexas.

Actividade resolta

Empregando un exemplo práctico indique a relación entre máquinas e operadores.

Solución

A panca é unha máquina ou mecanismo simple xa que, nun só paso, transmite e modifica a intensidade dunha forza utilizada para vencer unha resistencia. Por outra banda é un operador mecánico empregado, por exemplo, na función tecnolóxica de levantar pesos.

 

S1.            Relacione cada función tecnolóxica co operador ou operadores responsables:

 

Función tecnolóxica

Operadores

 Levantar un peso

 Unir dous anacos de madeira

 Permitir ou non o paso de corrente eléctrica

 

 

 

Habilitar JavaScript

 

S2.            Relacione cada operador co tipo de función tecnolóxica:

 

Tipo de función tecnolóxica Operadores
Mecánico
Eléctrico
Hidráulico
Térmico
Electrónico

 

 

 

Habilitar JavaScript