Saltar navegación

5. Exercicios de autoavaliación

 

Pregunta

1.        Unha panca de terceira clase é aquela onde:

Respostas

O fulcro está entre F e R.

O fulcro está nun extremo, a R no medio e a F no outro extremo.

O fulcro está nun extremo, a F no medio e a R no outro extremo.

Pregunta

2.        Exemplos de pancas de primeira clase son:

Respostas

Unha pinza da roupa.

A carreta dunha roda.

Un barco de palas.

O remo dunha barca.

Pregunta

3.        Para alcanzar unha altura nun plano inclinado o movemento ascendente dun obxecto:

Respostas

Vese favorecido por unha diminución na lonxitude da pendente.

Vese favorecido por unha maior forza motriz.

Vese favorecido por unha maior resistencia ou peso.

Vese favorecido por un maior rozamento entre o obxecto e a pendente.

Pregunta

4.        Unha polea fixa está en equilibrio cando:

Respostas

F = R/ 2

F = R


F = 2 . R

Depende do diámetro da polea.

Pregunta

5.        Cal ou cales destes mecanismos non transforman un movemento circular en rectilíneo:

Respostas

Conxunto manivela-polea.

Sistema piñón-cremalleira

Sistema de poleas con correa

Todas son válidas

Pregunta

6.        Un sistema multiplicador da velocidade:

Respostas

A relación de transmisión é menor que a unidade.

A polea conducida é de menor diámetro que a polea motriz.

 

 

A polea conducida xira a menos velocidade que a polea correa.

A relación de transmisión é maior que a unidade

Pregunta

7.        Son exemplos de motores de combustión interna:

Respostas

A máquina de vapor.

A turbina de vapor.

O motor explosión.

O turborreactor.

Pregunta

8.        Cal é a orde correcta no funcionamento dun motor de catro tempos?

Respostas

Compresión, admisión, escape e expansión.

Admisión, escape, compresión e expansión.

Admisión, compresión, expansión e escape.

Pregunta

9.        Con cal ou cales dos seguintes tipos de empresa identifica esta descrición? Conxunto de persoas que participan na empresa co seu traballo e/ou capital

Respostas

Empresa pública.

Empresa do sector terciario.

Sociedade

Empresa artesanal.

Habilitar JavaScript