2.4.1 Motores térmicos
Os motores térmicos son máquinas que converten a enerxía térmica, proporcionada por un combustible (gasolina, carbón, gas, etc.), en enerxía mecánica.
Tipos de motores térmicos
Segundo o modo en que se leve acabo a combustión, os motores térmicos clasifícanse en:
- Motores de combustión externa. O combustible quéimase nunha caldeira. A calor producida transmítese a un fluído intermedio (xeralmente vapor de auga) que actúa sobre un mecanismo, de tal maneira que converte a enerxía térmica en enerxía mecánica producindo un traballo. A máquina de vapor e a turbina de vapor son exemplos de motores de combustión externa.
- Motores de combustión interna. O combustible quéimase nunha cámara. Os gases xerados actúan sobre un mecanismo máis eficiente que no caso anterior, converténdose así a enerxía térmica en mecánica. O motor de explosión, o motor diésel e o turborreactor son exemplos de motores de combustión interna.
A máquina de vapor
|
Máquina de vapor |
|
|
A súa invención propiciou desde mediados do século XVIII a Revolución Industrial, empregándose como elemento motriz na industria e nos vehículos (como é o caso dos barcos de paletas). Por iso se considera un dos maiores logros da tecnoloxía. |
|
![]() |
No interior do recipiente pechado da caldeira quéntase auga mediante algún combustible. O vapor xerado envíase cara a un mecanismo ou motor formado por un cilindro oco cun pistón ou émbolo interior perfectamente axustado. O vapor exerce presión sobre o pistón e pono en movemento orixinando algún tipo de enerxía mecánica (como a de xiro dunha biela representada na ilustración). |
Turbina de vapor
|
Turbina de vapor |
|
|
Unha aplicación da produción de vapor é a turbina de vapor. Inventada a finais do século XIX para producir electricidade, hoxe úsase para mover os xeradores das centrais termoeléctricas e nucleares, ou para buques e locomotoras de gran potencia. |
|
![]() |
A entrada de vapor de auga a alta presión fai mover un rotor, é dicir, un conxunto de palas situadas ao longo dun eixe. O diámetro das palas aumenta cara á saída do vapor, de xeito que este se vai expandindo e perdendo presión á medida que avanza. |
Motor de explosión
|
Motor de explosión |
|
|
O motor de combustión interna máis coñecido é o de explosión de catro tempos, que funciona cunha mestura de gasolina vaporizada e aire. Usado en vehículos lixeiros e veloces, ten mellor relación entre tamaño e potencia que os motores de vapor. |
|
![]() |
O seu funcionamento dáse en catro etapas:
|
Motor diésel
|
Motor diésel |
|
|
Variante do motor de explosión axeitada, por tamaño e robustez, para vehículos pesados (locomotoras diésel). O funcionamento é similar ao motor de explosión, pero o acendido dos gases non se xera pola chispa da buxía, senón por compresión. |
|
![]() |
O aire que entra pola válvula de admisión é comprimido ao subir o pistón, aumentando a súa temperatura. Entón inxéctase o combustible, que, en contacto co aire, se inflama directamente. Como no caso dos motores de explosión hai motores diésel de catro e de dous tempos. O combustible empregado é o gasóleo. |
Turborreactor
|
Turborreactor |
|
|
Usado fundamentalmente en avións, está baseado no principio de acción e reacción. A acción conséguese proxectando fóra do motor e a gran velocidade, os gases da combustión. Isto provoca a reacción, o movemento do avión en sentido contrario. |
|
![]() |
O aire entra no motor impulsado por unha hélice que o dirixe cara a un compresor. Este é un conxunto de paletas cuxo diámetro diminúe ao avanzar o aire de forma que se comprime. O aire comprimido pasa a unha cámara de combustión onde se mestura co combustible (xeralmente queroseno) e se produce a combustión. A saída dos gases provoca, por unha banda, o movemento do avión por reacción e, por outra, acciona as turbinas que moven o compresor, e producen electricidade para o uso do aparello. |
Actividade resolta
Cantas voltas se conseguen en cada ciclo completo dun motor de explosión de catro tempos? E nun motor de dous tempos?
|
Solución |
Nun motor de catro tempos dúas voltas e nun motor de dous tempos unha volta. |
S17. Que tipo de mecanismo é a dínamo dunha bicicleta? Como é a conversión de enerxía producida?
S18. Que función ten cada un dos seguintes elementos: cámara de combustión, condensadortérmico, buxía, bobina, pistón e rotor.




