Saltar navegación

2.4.2 Motores eléctricos

Son máquinas que converten a enerxía eléctrica en enerxía mecánica, ou viceversa.

Tipos de motores eléctricos

Segundo o tipo de corrente eléctrica xerada ou usada, estes motores clasifícanse en:

  • Motores de corrente continua. Son de pequena potencia. Funcionan cunha corrente continua de 6 a 12 V de tensión. En reprodutores portátiles, xoguetes ...
  • Motores de corrente alterna. Son de gran potencia. Funcionan con corrente alterna de 380 V de tensión. Úsanse na industria, medios de transporte ...
  • Motores universais. De mediana potencia. Poden funcionar indistintamente con corrente continua ou con alterna. En ferramentas portátiles, electrodomésticos ...

Compoñentes dun motor eléctrico

O funcionamento dun motor de corrente continua baséase nas forzas de atracción e de repulsión entre un imán (armadura) e un circuíto colocado no seu interior (bobina).

 

A bobina está nun rotor conectada mediante contactos de material condutor, chamados delgas, a unha fonte de electricidade (como unha pila).

O conxunto de delgas forman o colector. A conexión delgas-pila realízase mediante unhas pezas chamadas vasoiriñas.

A vasoiriñas transmiten corrente ao colector e este, simultaneamente, á bobina. O campo magnético da bovina xira, atraído polo oposto da armadura. Isto provoca o xiro do rotor e a xeración de enerxía mecánica. Cantas máis bovinas teña un motor eléctrico maior potencia desenvolverá

 

Xerador eléctrico

Un xerador eléctrico é un mecanismo que transforma a enerxía eléctrica noutro tipo de enerxía, ben química (como nas pilas e nas baterías) ou ben mecánica (como nas dínamos e alternadores).

 

 

Actividades propostas

S19.        A que tipo de motor corresponde cada conxunto de elementos:

  • Pistón, biela, buxía.
  • Compresor, cámara de combustión, turbina.
  • Armadura, bobina, rotor.
  • Caldeira, pistón, condensador.