Saltar navegación

1.3 Obxectivos

 
  • Diferenciar os conceptos de máquinas ou mecanismos, operadores e ferramentas.
  • Clasificar os mecanismos en función da actividade que realizan (transmisión, transformación e variación da velocidade) e da súa complexidade (simples e complexos).
  • Calcular a relación de transmisión en mecanismos de redución e de ampliación da velocidade.
  • Recoñecer as máquinas simples en aparellos de uso cotián.
  • Elaborar maquetas en que se utilicen máquinas simples e mecanismos de transmisión e de transformación de movementos.
  • Describir o funcionamento de motores eléctricos e de motores térmicos.
  • Describir en que consiste un proxecto técnico e as súas fases.
  • Coñecer xeitos de organización do traballo na empresa.
  • Diferenciar os principais tipos de empresas.
  • Concepto de produción en serie.
  • Recoñecer a necesidade do control de calidade na fabricación de produtos industriais.
  • Valorar a importancia da normalización na fabricación de produtos industriais.