2.1.2 Mecanismos complexos de transmisión
Poleas
|
Polea fixa |
|
|
É unha roda fendida que xira arredor dun eixe. Este está suxeito a unha superficie fixa. Pola fenda da polea pásase unha corda ou similar que permite vencer, de forma máis cómoda, unha resistencia (R) ou peso, aplicando unha forza motriz (F). A polea fixa compórtase como unha panca de primeiro xénero, e utilízase para elevar e para baixar cargas con facilidade. Utilízase en pozos, aparellos de musculación ... |
|
![]() |
A condición de equilibrio dunha polea fixa é: F = R |
|
Polea móbil |
|
|
É un conxunto de dúas poleas, unha fixa e outra que pode desprazarse linealmente. A segunda polea compórtase como unha panca de segundo xénero. A forza motriz (F) realizada para vencer a resistencia (R) ou peso dun obxecto redúcese á metade con respecto á polea fixa. Este principio é acumulativo, de xeito que, ao combinar varias poleas móbiles, a forza que cómpre aplicar para vencer unha resistencia continúa diminuíndo proporcionalmente ao número de poleas móbiles do sistema. |
|
![]() |
A condición de equilibrio dunha polea móbil é: F = R / 2 |
|
Polipasto |
|
|
. É un tipo especial de combinación de poleas fixas e móbiles. Consta dun número par de poleas e, delas, a metade son fixas, entanto que a outra metade son móbiles. As poleas móbiles e os polipastos empréganse en montacargas, ascensores , etc. |
A condición de equilibrio dun polipasto é: F = R / 2n |
Actividade resolta
Que forza teremos que aplicar nunha polea fixa para levantar unha carga de 200 N?
|
Solución |
A condición de equilibrio dunha polea fixa é F = R, é dicir, as poleas simples fixas non producen ningunha vantaxe mecánica pero axudan co manexo das resistencias. A forza necesaria será de 200 N. |
S8. Que peso se pode elevar cunha polea móbil ao exercer unha forza de 1000 N?
S9. Observe o debuxo dun polipasto:
Que forza hai que aplicar como mínimo para elevar o obxecto?
Ao aplicarmos unha forza de 30 N, que resistencia poderemos vencer?
Se o polipasto constara de dúas poleas, como se modificarían os cálculos anteriores?

