Saltar navegación

7. Glosario

 

B

  • Bar

Unidade de presión derivada das unidades do sistema cexesimal.

 

C

  • Campo gravitacional

Forza por cada quilogramos de masa que exerce un corpo, como un planeta. Mídese en N/kg.

 

E

  • Engalar

Levantar o voo un corpo.

 

G

 

  • G

Constante da gravitación universal de Newton. O seu valor foi determinado experimentalmente por Lord Cavendish case un século máis tarde de que Newton enunciara a súa lei.

  • Guindastre

Máquina empregada para elevar cargas pesadas.

 

 

 

I

 

 

  • Iceberg

Bloque de xeo que aboia na auga do mar. O xeo ten unha densidade algo menor que a da auga, por iso flota.

  • Inercia

Tendencia que ten un corpo a seguir parado (se estaba parado) ou a se mover en liña recta e rapidez constante se a forza total que actúa sobre el é nula.

  • Interacción

Dous corpos ou non se fan forza (non interactúan) ou se fan forza un ao outro mutuamente. As dúas forzas son iguais e opostas.

 

 

M

 

  • Mercurio

Metal que a temperatura ambiente é líquido; símbolo Hg (do latín hidrargirium). Ten unha densidade elevada, 13600 kg/m3. Os seus vapores son tóxicos.

  • Milímetro de mercurio

Presión exercida por unha columna de mercurio líquido. A presión normal do aire equivale a unha columna de 76 cm de altura de mercurio.

 

 

 

 

P

 

 

 

  • Pascal

Unidade de presión no Sistema Internacional de unidades. Equivale a unha forza de 1 N repartida en 1 m2.

  • Peso aparente

Os corpos semellan pesar menos cando están somerxidos nun fluído, debido a que o pulo os empurra cara arriba.

  • Pisa

Cidade italiana da rexión da Toscana. Nunha das súas torres inclinadas (por ceder os alicerces sobre o terreo pantanoso da zona) fixo Galileo o seu famoso experimento de deixar caer pedras de masas distintas.

  • Pulo

Forza que os fluídos exercen sobre os corpos mergullados neles. O seu valor vén dado polo principio de Arquímedes: o pulo equivale ao peso do fluído desaloxado.

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0