1.1 Descrición da unidade didáctica
No módulo 3 da ESA estudamos con detalle os movementos rectilíneos dos corpos, en particular o movemento uniforme e o uniformemente acelerado. Na unidade didáctica anterior a esta introducimos os vectores e utilizámolos para describir as forzas. Pero forzas e movementos están intimamente relacionados, e isto puxérono de manifesto Galileo e Newton no século XVII. As famosas tres leis de Newton da dinámica nas que se condensa esa relación ocuparán a primeira metade desta unidade didáctica, que se completará coa gran síntese do propio Newton da gravitación universal.
Na segunda parte da unidade abordamos o estudo da presión exercida por unha forza, para continuar co das forzas e presións que hai no interior dos fluídos (líquidos e gases) e as súas consecuencias (prensa de Pascal, flotabilidade…)
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0