Dinámica de Newton. Fluídos
1.3 Obxectivos
- Interpretar movementos concretos dos corpos en relación coas forzas que soportan.
- Aceptar que se un corpo se move en liña recta e con velocidade constante a forza total sobre el é nula.
- Relacionar a aceleración coa forza aplicada e a masa do corpo.
- Identificar calquera forza como resultado da interacción entre dous corpos.
- Determinar que parellas de forzas son de interacción e cales non.
- Utilizar a lei da gravitación universal para calcular forzas de atracción entre diversos corpos (grandes e pequenos) e a aceleración local da gravidade.
- Definir o concepto de peso e diferenciar peso e masa.
- Diferenciar a forza da presión, e comprender a relación entre elas.
- Interpretar os efectos da presión en situacións do contorno.
- Interpretar a presión dentro dos líquidos como unha consecuencia do peso do líquido e da presión externa.
- Calcular presións e forzas no interior dos líquidos.
- Entender o pulo dos fluídos como resultado da existencia de presión dentro deles e do seu aumento coa profundidade.
- Empregar o teorema de Arquímedes para calcular forzas de pulo, e deducir se un corpo aboiará ou non.
- Analizar información incluída nos textos escritos para presentación da unidade.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0