Dinámica de Newton. Fluídos
2.3 Forza e presión nos fluídos
Presión é unha palabra que usamos a cotío: a presión das rodas do coche ou da bici, a presión atmosférica, a presión no fondo do mar, etc. Pero que sabemos da presión?
Xa vimos que un efecto das forzas é deformar os corpos. Resulta que a mesma forza pode producir deformacións diferentes no mesmo corpo segundo como estea repartida a forza sobre el.
Experiencia práctica
- Collemos un ladrillo e un bloque de escuma (como a dos recheos de colchóns e coxíns).
- Colocamos o bloque enriba da escuma nos seus tres lados e observamos como se deforma.
- O peso do ladrillo é o mesmo en calquera posición, pero xa ve que canto menor é a superficie de apoio, maior é a deformación da escuma.

- O mesmo ocorre en moitos outros casos: un coitelo ben afiado corta mellor, un tanque non afunde na area e unha bicicleta si, un esquiador non afunde na neve e unha persoa con botas si, un bisturí corta moi ben...
- Por iso introducimos unha nova magnitude que relaciona a forza que se fai coa superficie na que está repartida: a presión, que se define como:
- Da fórmula deducimos que, para a mesma forza, a presión é inversamente proporcional á superficie; isto significa que, para a mesma forza, canto menor sexa a superficie maior has er a presión que exerce e máis se deformará o corpo sobre o que se aplica.


Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0