Dinámica de Newton. Fluídos
3. Resumo de contidos
- 1ª Lei de Newton. Cando a forza total que actúa sobre un corpo é nula, o corpo seguirá en repouso (se estaba inicialmente en repouso) ou seguirá movéndose (se xa estaba en movemento inicialmente) en liña recta e velocidade constante sempre igual.
- 2ª Lei de Newton. Cando a forza total sobre un corpo non é nula, o corpo móvese con aceleración; isto resúmese na expresión
, e implica unha ou varias das situacións seguintes:
-O corpo aumenta ou diminúe a súa velocidade (acelera ou frea).
-A traxectoria é curvilínea.
-O corpo cambia o sentido do seu movemento.
- 3ª Lei de Newton. Os corpos fan forza sempre de forma recíproca. As dúas forzas que se exercen mutuamente son iguais e contrarias, e cada forza está aplicada en cada un dos corpos, nunca as dúas no mesmo corpo.
- Unidades de forza. No Sistema Internacional a unidade de forza é o Newton:
. O quilopondio (kp) é outra unidade, pero non do SI, que equivale a 9,8 N (defínese como o peso de 1 kg en París).
- Lei da gravitación universal. Os corpos (sexan sólidos, líquidos ou gases) atráense entre si polo feito de teren masa; a forza calcúlase coa expresión
![]()
sendo
a constante da gravitación universal, M1 e M2 as masas dos corpos que se atraen e d a distancia entre os centros dos dous corpos.
- Campo gravitacional g. Representa a forza gravitacional que se exerce sobre 1 kg de masa:
![]()
O valor de g tamén equivale a aceleración coa que caen libremente os corpos no campo de forzas gravitacional.
- Presión. É o cociente entre a forza que se exerce dividido entre a superficie na está estendida:
. No S.I. mídese en Pascais (Pa);
. Outras unidades de presión: 1 atm = 760 mmHg = 101 325 Pa.
- Presión dentro dun fluído. O propio peso das moléculas dun fluído fai que exerzan presión unhas contra outras e contra os corpos que estean somerxidos nos fluídos. A presión dentro dun líquido calcúlase coa fórmula
, sendo d a densidade do líquido e h a profundidade medida desde a superficie libre do líquido. Canto maior sexa a profundidade maior é a presión que exerce.
- Principio de Pascal. Se nós comprimimos un fluído nun punto do mesmo, esta presión transmítese a todos os demais puntos do fluído con idéntico valor. Isto aplícase na prensa hidráulica ou prensa de Pascal; a fórmula é
. Na prensa hidráulica cunha forza pequena exercida no émbolo pequeno podemos conseguir unha forza grande no émbolo maior.
- Principio de Arquímedes. Un fluído exerce presión sobre todo corpo que estea somerxido nel. Resultado desta presión é que o fluído empurra ao corpo cara arriba cunha forza (o pulo ou impulso) que é equivalente ao peso do fluído que estaba no sitio agora ocupado polo corpo. A ecuación do pulo é
, onde dfé a densidade do fluído, e V o volume do corpo somerxido.
- Flotación. Un corpo aboia se a súa densidade é menor que a do fluído.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0