2.3.1 Unidades da presión
No Sistema Internacional a unidade de presión é o pascal (símbolo Pa); un pascal é a presión que exerce unha forza de 1 N repartida sobre unha superficie de 1 m2:

Un pascal é unha presión pequena, xa que un newton é unha forza pequena, e un metro cadrado é unha superficie relativamente grande. Hai moitas outras unidades de presión, que non son do Sistema Internacional; damos aquí as equivalencias.
Nome
Símbolo
Equivalencia
- Atmosfera
atm
1 atm = 101 325 Pa
- Milímetro de mercurio
mm Hg
1 mm Hg = 133,3 Pa
- Bar
bar
1 bar = 105 Pa
Outras equivalencias
1 atm = 760 mmHg
1 torr = 1 mm Hg
1 bar ≈ 1 atm
Outra unidade que as veces é utilizada en fontanaría é o kp/cm2 (un “quilo” de presión), que equivale a unha atmosfera aproximadamente.
Actividades resoltas
Calcule a presión que exerce unha persoa de 65 kg que está de pé sobre o chan; a sola de cada un dos seus zapatos ten unha área de 520 cm2.
Solución
- A superficie dos dous zapatos é 2 . 520 cm2 = 1040 cm2; hai que pasar os centímetros cadrados a metros cadrados:
- Agora calculamos a presión:
Cun martelo exercemos unha presión de 30 000 Pa sobre un cravo que ten unha superficie de apoio sobre a madeira de 1 mm2. Canta forza fai o cravo contra a madeira?
Solución
- Hai que pasar 1 mm2 a m2

Os faquires déitanse enriba dun leito cheo de cravos e mesmo deixan que outra persoa suba enriba deles cando están deitados, sen aparentemente sufriren dano ningún. Pode explicar isto? Que pasaría se houbese poucos cravos?
Solución
Colla unha táboa de madeira ou aglomerado e crave puntas en ringleira separadas entre si 1 cm, de xeito que a punta saia polo outro lado da madeira. Infle un globo e apérteo contra os cravos pola parte afiada: verá que o globo se deforma pero non estoupa! (ao faquir pásalle o mesmo).
Explicación: aínda que a superficie dun único cravo é pequena, a superficie de moitos deles non é tan pequena, daquela a forza coa que apertamos o globo está repartida en moitos puntos de apoio, e a presión non é tan grande como para rachar co globo.

Actividades propostas
S11. Explique por que unha chatola entra nun taboleiro de cortiza con pouco esforzo.
S12. Un coitelo afiado corta ben porque a súa superficie de apoio é moi pequena. Calcule a presión que exerce o gume dun coitelo de 3 mm2 de superficie se facemos unha forza sobre el de 12 N (unha forza pequena).
S13. A 100 m de profundidade no mar hai, aproximadamente, unha presión de 11 atm. Cantos pascais son? Que forza se exerce, a esa profundidade, sobre a fiestra dun submarino de 0,82 m2 de superficie?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0