Saltar navegación

5. Exercicios de autoavaliación

 

Pregunta

1.        Se a Terra deixase de súpeto de facer forza sobre a Lúa, esta:

Respostas

Pararía.

Seguiría a dar voltas arredor da Terra con velocidade constante.

Moveríase en liña recta.

Caería cara á Terra.

Achegaríase ata o punto entre a Terra e a Lúa de campo gravitacional nulo.

Pregunta

2.        Sobre un corpo de 100 kg actúan unicamente dúas forzas, unha de 400 N e outra de 150 N, na mesma dirección pero en sentidos contrarios. A aceleración con que move o corpo é:

Respostas

2,5 m/s2

6,0m/s2

4,0 m/s2

9,8 m/s2

Pregunta

3.       Un coche móvese nunha estrada horizontal cunha velocidade sempre igual de 120 km/h. Podemos afirmar que:

Respostas

A forza total que actúa sobre o coche é nula.

A forza total que actúa sobre o coche non pode ser nula.

A forza que fai o motor compensa exactamente as forzas de rozamento do aire e do asfalto.

As respostas primeira e tercera anteriores son certas.

Pregunta

4.       Un libro de 3 kg está en repouso enriba dunha mesa. O peso do libro é de 29,4 N (vector vertical cara a abaixo) e a forza normal vale 29,4 N (vector vertical cara a arriba).

Respostas

As dúas forzas son de interacción e cumpren a terceira lei de Newton.

Non son de interacción pero cumplen a cuarta lei de Newton.

Si son de interacción, pero non cumpren a terceira lei de Newton.

Para poderen ser de interacción non deberían aplicarse só sobre o libro.

Pregunta

5.        Cando se deixa caer un corpo libremente preto da superficie da Terra, a súa aceleración:

Respostas

Depende da altura desde a que se solta.

Depende da súa masa.

Vale sempre o mesmo e non depende da masa do corpo.

Depende da masa e máis do seu tamaño.

Pregunta

6.       A forza con que se atraen dúas baleas de 5 000 kg cada unha cando están no mar a 1,2 m de distancia unha da outra é de:

Respostas

2 000 N

 5,4 N

0,012 N

0,004 N

Pregunta

7.        Verdadeiro [V] ou falso [F]? Dentro dun líquido hai presión porque:

Respostas

O aire comprime a superficie do líquido.

O peso das moléculas comprímeas.

As moléculas se atraen entre si, comprimíndose.

É unha característica típica de todos os líquidos.

Pregunta

8.        No fondo dun depósito de 3 m de altura que contén un líquido a presión é de 35 280 Pa. A densidade do líquido é:

Respostas

1 000 kg/m3

1 200 kg/m3

800 kg/m3

1 120 kg/m3

Pregunta

9.     Nunha prensa hidráulica os émbolos son circulares. O raio dun deles é 20 cm e o doutro é o dobre. Se sobre o émbolo pequeno facemos unha forza de 1 000 N, a forza no grande será:

Respostas

250 N  

1 000 N

2 000 N

4 000 N

Pregunta

10.      Dentro dun avión a presión é de 1 atm, e fóra do avión é de 0,6 atm. Unha fiestra do avión mide 30 x 40 cm. Cal é a forza neta que soporta?

Respostas

40 000 N

5 673 N

2 398 N

4 864 N

Pregunta

11.    Unha bóla de aceiro de 50 cm3 de volume pesa, no aire, 3,72 N. Cando a metemos dentro de auga doce (densidade = 1000 unidades internacionais), o seu peso semella diminuír en:

Respostas

0,49 N

0,32 N

0,51 N

2,67 N

Habilitar JavaScript

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0