Dinámica de Newton. Fluídos
6.3. Solución exercios de autoavaliación
- Se a Terra deixase de súpeto de facer forza sobre a Lúa, esta:
-
Moveríase en liña recta.
- Sobre un corpo de 100 kg actúan unicamente dúas forzas, unha de 400 N e outra de 150 N, na mesma dirección pero en sentidos contrarios. A aceleración con que move o corpo é:
-
2,5 m/s2
- Un coche móvese nunha estrada horizontal cunha velocidade sempre igual de 120 km/h. Podemos afirmar que:
-
A forza total que actúa sobre o coche é nula.
-
A forza que fai o motor compensa as forzas de rozamento do aire e do asfalto.
- Un libro de 3 kg está en repouso enriba dunha mesa. O peso do libro é de 29,4 N (vector vertical cara a abaixo) e a forza normal vale 29,4 N (vector vertical cara a arriba).
-
Non son de interacción.
-
Para poderen ser de interacción non deberían aplicarse só sobre o libro.
- Cando se deixa caer un corpo libremente preto da superficie da Terra, a súa aceleración:
-
Vale sempre o mesmo e non depende da masa do corpo.
- A forza con que se atraen dúas baleas de 5 000 kg cada unha cando están no mar a 1,2 m de distancia unha da outra é de:
-
0,0012 N
- Verdadeiro [V] ou falso [F]? Dentro dun líquido hai presión porque:
-
O peso das moléculas comprímeas.
- No fondo dun depósito de 3 m de altura que contén un líquido a presión é de 35 280 Pa. A densidade do líquido é:
-
1 200 kg/m3
- Nunha prensa hidráulica os émbolos son circulares. O raio dun deles é 20 cm e o doutro é o dobre. Se sobre o émbolo pequeno facemos unha forza de 1 000 N, a forza no grande será:
-
4 000 N
- Dentro dun avión a presión é de 1 atm, e fóra do avión é de 0,6 atm. Unha fiestra do avión mide 30 x 40 cm. Cal é a forza neta que soporta?
-
4 864 N
- Unha bóla de aceiro de 50 cm3 de volume pesa, no aire, 3,72 N. Cando a metemos dentro de auga doce (densidade = 1000 unidades internacionais), o seu peso semella diminuír en:
-
0,49 N
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0