6. Glosario
-
E
-
Ecuación
Igualdade que só é certa para algúns valores das letras.
-
-
G
-
Galaxia
Conxunto de estrelas que se manteñen próximas entre elas por interaccións gravitatorias mutuas. Adoitan xirar arredor do seu centro, no que frecuentemente hai un furado negro. O Sol está na galaxia chamada Vía Láctea.
-
-
I
-
Identidade
Igualdade que é certa sempre para calquera valor numérico das letras.
-
-
P
-
Pendente
Parámetro que mide a inclinación dunha recta ou dunha curva. Na función afín y = mx + b a pendente é o parámetro m..
-
Perímetro
Medida da lonxitude do contorno dunha figura xeométrica.
-
-
S
-
Sistema de referencia
Obxecto que se colle como referencia para ver se outro corpo de move un non respecto del.
-
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0