Saltar navegación

2.3.3 Velocidade media e instantánea

Velocidade media

Viaxamos de Santiago a Ourense en coche. Percorremos 103 quilómetros e tardamos en total dúas horas. Calculamos a velocidade media da viaxe dividindo o espazo percorrido entre o tempo total tardado:

Atención! No tempo t anterior temos que incluír tamén os tempos en que o móbil estivo parado (descansos, botar combustible, etc.).

Velocidade instantánea

É a que ten un móbil en cada momento. No sistema internacional (SI) de unidades, o oficial na maioría dos países, mídese en m/s, aínda que nos coches adoita medirse en km/h, por razóns prácticas; a velocidade instantánea (ou simplemente velocidade) vén marcada no velocímetro (a xente chámalle contaquilómetros, que non é o mesmo).

Na práctica medimos a velocidade (instantánea) calculando a velocidade media nun intervalo de tempo moi pequeno (unha décima de segundo, por exemplo). Nas estradas os radares miden a velocidade dos vehículos mediante o efecto Doppler, que é o cambio de frecuencia dunha onda cando é emitida por un corpo en movemento (por iso soa diferente a sirena dunha ambulancia cando se achega e cando se afasta de nós). Co efecto Doppler tamén se miden as velocidades das estrelas e das galaxias no universo.

Cambio de km/h a m/s e viceversa

Facémolo utilizando factores de conversión. Un factor de conversión é unha fracción que expresa a equivalencia entre dúas unidades que se desexan transformar (lembre: 1 km = 1.000 m e 1 h = 3.600 s).

  • Pasar de 90 km/h a m/s.

Significa que en cada segundo percorremos 25 metros.

  • Pasar 10 m/s a km/h (é a velocidade dun atleta que corre os 100 m lisos).

Significa que nunha hora percorrería 36 km, de ir sempre coa mesma velocidade.

Pero é claro que nunha viaxe a velocidade non é sempre a mesma: aceleramos, freamos...

 

Actividade resolta

Recollemos na táboa os tempos e as distancias percorridas nunha viaxe entre Vigo e A Coruña:

  • Hora

9.00 h

10.15 h

10.30 h

11.30 h

  • Posición (km)

0 km

85 km

85 km

158 km

  • Canto tempo estivemos realmente en marcha? Canto tempo estivemos parados?

Solución Das 10:15 ata as 10:30 h estivemos parados, daquela estivemos en movemento 1:15h + 1 h= 2:15 h, é dicir, dúas horas e cuarto. Estivemos parados 15 minutos.
  • Calcule a velocidade media da viaxe en km/h.

Solución O tempo total da viaxe foi: 2 h e 15 minutos en movemento+15 minutos parado = 2 h e 30 minutos= 2,5 horas

 

 

Actividade proposta

S22.        Efectúe os seguintes cambios de unidades:

  • 50 m/s a km/h.
  • 120 km/h a m/s.
  • 1997 semanas a segundos.
  • 106 segundos a días.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0