4. Actividades complementarias
Actividades complementarias
Función lineal e función afín
S34. A función que permite calcular a temperatura en graos fahrenheit a partir da temperatura en graos celsius (graos centígrados) é: ºF = 32 + 1,8 ºC
- a) Que tipo de función é?
- b) Cal é a súa pendente? E a súa ordenada na orixe?
- c) No verán, cando estamos a 30 ºC, canto marca un termómetro Fahrenheit.
S35. En relación coa gráfica:
-
a) Determine a pendente e a ordenada na orixe.
-
b) Escriba a expresión alxébrica da función.
-
c) Para que valor de x, y vale 15?
Ecuacións
S36. Resolva as ecuacións:
S37. Calcule que número hai que sumarlle a 37 para que dea 119.
Movementos
S38. Os datos da táboa corresponden ao avance dunha ave polo aire:
Tempo (s)
0
10
20
30
40
Espazo (m)
0
27
58
87
116
Calcule a distancia percorrida entre os instantes:
-
t = 10 s e t = 30 s
-
t = 20 s e t = 40 s
S39. Tres corredores compiten nuns xogos olímpicos. O primeiro percorre 10 km en 27 min e 40 s, o segundo percorre os 100 m lisos en 9,88 s e o terceiro percorre 1.500 m en 3 min 31 s. Cal deles é o máis veloz?
S40. Unha persoa camiña pola praia sobre a area seca. A gráfica s/t do seu movemento é a seguinte:
-
a) Cal é a súa velocidade?
-
b) Canto tardará en percorrer 100 m?
-
c) Se agora camiñase pola area mollada, como sería a gráfica do seu movemento? Debúxea aproximadamente nos eixes anteriores.
S41. André ve saír a súa filla Xiana da casa cara ao colexio e decátase de que non leva o bocadillo. Cólleo e sae correndo ata alcanzala, dálle o bocata e volve á casa, máis a modo.
a) Cal das gráficas se axusta ao movemento realizado?
b) Calcule a velocidade de Andrés na ida e na volta.
S42. Unha motorista móvese por unha estrada cunha velocidade constante de 89 km/h. Calcule cantos metros percorre en 8 minutos.
S43. Un móbil pasa pola orixe de coordenadas no instante inicial. Móvese cunha velocidade constante de 20 m/s. Represente a gráfica posición/tempo.
S44. Un automóbil circula por unha estrada. Cando o reloxo indica 5 min atópase na posición 30 km, e cando indica 30 min está na posición 70 km. Calcule a velocidade media do automóbil en km/h e en m/s.
S45. Outro automóbil que parte da posición s0 = 5 m percorre unha pista cunha velocidade constante de 20 m/s.
- Escriba a ecuación do movemento e calcule a posición no instante t = 10 s.
- Represente a gráfica s/t do movemento.
S46. Un avión toma terra cunha velocidade inicial de 250 km/h. Percorre a pista e frea completamente en 30 s.
- Cal é a aceleración da freada?
- Cantos metros percorre na pista?
S47. Un móbil aumenta a súa velocidade desde 59,7 km/h ata 80 km/h en 4,5 segundos. Calcule:
- A aceleración.
- O espazo percorrido nos 4,5 segundos.
- A velocidade que terá aos 8 s se segue coa mesma aceleración.
S48. Un móbil parte do repouso (v0 = 0). A táboa seguinte recolle as posicións en diferentes instantes:
Tempo (s)
0
1
2
3
4
Posición (m)
0
2
8
18
32
-
Debuxe a gráfica posición/tempo.
-
Calcule a aceleración do móbil, e a súa velocidade no instante t = 8 s
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0