Saltar navegación

2.2.1 Expresións alxébricas

Unha expresión alxébrica é un grupo de números e letras unidos polos signos das operacións aritméticas (suma, división, raíces, etc.). Vexamos uns exemplos:

Expresión escrita Expresión alxébrica
  • O dobre mais a metade dun número

2x + x/2
  • A raíz cadrada dun número mais 3

  • O 20 % do prezo P

  • O perímetro dun rectángulo de lados a e b

2a + 2b

 

Valor numérico dunha expresión alxébrica

É o número que resulta de substituír as letras por números e realizar as operacións indicadas. Exemplos:

Expresión alxébrica Valor das letras Valor numérico
2x + 2y x = 1; y = 4 10
a = 3; b = 4 5
P = 400 80

 

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0