Saltar navegación

2.3.2 Posición dun móbil

Un móbil é calquera corpo que se move. Un corpo está en movemento cando cambia a súa posición respecto dun sistema de referencia.

Traxectoria

É a liña que describe o móbil no seu movemento. Ás veces vémola polo rastro que deixan os corpos ao moverse: o vapor creado polos avións no ceo, a pegada dos caracois, o rotulador no encerado, os esquís na neve. A traxectoria pode ser rectilínea ou curvilínea.

Posición

A posición dun corpo é o punto da traxectoria en que está nun instante determinado. Podémola determinar de dous xeitos, especificando:

  • Coordenadas cartesianas (x, y) do punto nuns eixes de coordenadas:
Posición
  • O móbil está na posición (7, 3.6)

 

  • Distancia (s) á que está o móbil desde a orixe da traxectoria, medida sobre ela:

Posicón s10
  • O móbil está na posición S=10 unidades

 

Nesta unidade utilizaremos exclusivamente a segunda forma de determinar a posición dos móbiles.

Espazo ou distancia percorrida

O espazo percorrido é a lonxitude do treito percorrido medido sobre a traxectoria. Calcúlase restando a posición final menos a posición inicial do móbil:

Espazo percorrido = Δ s = s - so

Δs lese incremento de s. A letra grega delta Δ úsase para indicar a diferenza entre dous valores, o final menos o inicial.

O espazo mídese en metros (no sistema internacional); ás veces mídese tamén en quilómetros (1 km = 1.000 metros).

Desprazamento

É a distancia entre dous puntos da traxectoria medida en liña recta (aínda que a traxectoria sexa curva).

Desprazamento

 

En xeral o desprazamento mide menos que o espazo percorrido, agás que a traxectoria sexa rectilínea, neste caso coinciden desprazamento e espazo percorrido.

Actividades propostas

S19. Indique as coordenadas do móbil nas posicións A, B e C da figura:

imaxe

S20. Indique a posición do automóbil na estrada nas posicións sinaladas na figura:

imaxe

S21. A figura seguinte representa as posicións dun móbil medidas sobre a traxectoria. Calcule as distancias percorridas entre os instantes que se indican:

  • t = 10 s e t = 40 s
  • t = 10 s e t = 30 s
imaxe

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0