2.3.7 Movemento de caída libre
O planeta Terra atrae todos os corpos que hai arredor dela en dirección cara ao seu centro. Os corpos caen "cara a abaixo" (iso dicimos nós), pero en realidade caen cara ao centro do planeta.
-
-
Preto da superficie terrestre todos os corpos caen coa mesma aceleración, que vale
9,8 m/s2. Con frecuencia a este valor chámaselle aceleración da gravidade g.
-
Na Lúa, g = 1,6 m/s2.
-
Na caída libre, o corpo cae polo seu propio peso, polo que a velocidade inicial, v0 , é cero. A gravidade aumenta progresivamente a velocidade do corpo. Este é un movemento rectilíneo e acelerado, polo que imos empregar as fórmulas do MRUA. Vexamos como se resolven os problemas de caída libre cuns exemplos:
Actividades resoltas
Un testo cae desde unha terraza. Tarda catro segundos en romper contra o chan. Calculamos a velocidade coa que choca co chan e a altura desde a que caeu.
-
a) Aínda que non os dan, hai dous datos que coñecemos: como a caída é libre, v0 =0. A aceleración de caída é a gravidade, polo que a = g = 9,8m/s2.
m/s
-
b) Consideramos s0 = 0 collendo como orixe de espazos o lugar desde onde cae o texto.
m
Unha saltadora de trampolín artístico déixase caer desde a panca de saltos situada a 8 m sobre a auga da piscina. Determinemos o tempo que tarda en chegar á auga e a velocidade de impacto contra a auga.
Actividade práctica
Deixe caer con coidado unha pedra grande e outra pequena a un tempo desde a mesma altura (sobre dous metros). Cal chega antes ao chan? Non o diga, fágao! Repita a experiencia deixando caer un libro e un anaco pequeno de papel separados un doutro.
Deixe caer de novo o libro e o papel, pero agora co papel xusto enriba do libro.
- Que efecto produce a atmosfera nos dous últimos casos? Cal sería o resultado de facer todo isto na Lúa?
- Pode ver un vídeo do anterior en:
– http://www.youtube.com/watch?v=4mTsrRZEMwA Nel próobase a teoría de Galileo que afirma que en ausencia de atmosfera os obxectos caerán á mesma velocidade independentemente do valor da súa masa.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0

