Saltar navegación

2.1.2 Función afín

A función afín ten a forma: y = m x + n. É moi semellante á función lineal, pero non é de proporcionalidade directa e a súa gráfica non pasa pola orixe (0,0).

O número n chámase ordenada na orixe, porque a liña recta corta ao eixe OY (eixe de ordenadas) no punto (0,n). Vemos como exemplo a función afín y = 2x + 3:

 

y = 2x + 3

 
  • Esta función afín é crecente, a pendente vale 2 e a ordenada na orixe vale 3.

 x

y

-3

-3

-2

-1

0

3

1

5

2

7

 

A ecuación do movemento rectilíneo uniforme, s = v.t + so, que estudaremos nesta unidade na parte de Física, é unha función afín, onde a velocidade v é a pendente da gráfica posición/tempo.

 

 Compartida por jorgeascencio LicenzaCC-BY-SAGeoGebra Terms of Use

 

S5. Sinale cales das funcións seguintes son afíns:

y = -2 x + 0.05

s = 3 t + 1

y = 2 x3 + 7

Habilitar JavaScript

S6. Represente a función y = - x + 1. Canto valen a pendente e a ordenada na orixe?

S7. A partir da gráfica, determine a ordenada na orixe, a pendente e a expresión alxébrica da función afín.

 

 

 

S8. A gráfica dunha función afín pasa polos puntos de coordenadas (-2, -7) e (3, 8). Escriba a expresión da función afín. Cal é a súa pendente?

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0