Saltar navegación

2.3.5 Aceleración

Se deixamos caer un obxecto, gravamos a caída e a vemos logo fotograma a fotograma a intervalos de 0,2 segundos, resulta o seguinte:



  • Observamos que entre cada dous fotogramas consecutivos o corpo percorre cada vez máis espazo: móvese cada vez máis rápido, a velocidade vai aumentando na caída.



  • Os movementos en que a velocidade cambia chámanse acelerados. Caracterízanse coa magnitude aceleración, que se calcula así:



 

 

Por exemplo, se un coche vai inicialmente a unha velocidade de 10 m/s e acelera ata alcanzar unha velocidade de 25 m/s en seis segundos, a aceleración vale:

Este resultado indica que cada segundo de tempo a velocidade aumenta 2,5 m/s; fíxese na táboa seguinte como vai cambiando a velocidade do móbil:

t (s) 0 1s 2s 3s 4s ...
v (m/s) 10 m/s 12.5 m/s 15.0 m/s 17.5 m/s 20.0 m/s ...

 

Cando freamos, a velocidade diminúe, e a aceleración é negativa. Se un ciclista reduce a súa velocidade de 10 m/s a 7 m/s en 6 segundos, a súa aceleración é:

Xa ve que a aceleración é negativa nos movementos de freada. Resumindo:

  • a > 0

O móbil vai cada vez máis rápido.
  • a = 0

A velocidade non cambia, vai sempre igual de rápido (movemento uniforme).
  • a < 0

O móbil vai cada vez máis a modo.

 

 

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0