3. Resumo de contidos
-
Función lineal: é do tipo y = mx. O número m é a pendente. A gráfica da función lineal é unha liña recta que pasa pola orixe de coordenadas (0,0). Canto maior sexa a pendente máis inclinada ha estar a recta na gráfica.
-
Función afín: é do tipo y = mx + b. O parámetro m é a pendente, e o parámetro b é a ordenada na orixe (punto de corte da recta co eixe OY).
-
Identidade: é unha igualdade que é certa sempre, para todos os valores das letras que conteña. Por exemplo, 2x + 3x = 5x é unha igualdade.
-
Ecuación: igualdade que só é certa para algúns valores das letras. Por exemplo: 2x + 3x = 100.
-
Ecuación de primeiro grao: ecuación na que a incógnita x está elevada ao expoñente 1. Resolver a ecuación é determinar o valor da incógnita que fai certa a igualdade.
-
Transposición de termos: Regras básicas:
-
Se o termo está sumando nun membro pasará restando ao outro membro.
-
Se está restando nun membro pasa sumando ao outro.
-
Se está multiplicando a todo o membro, pasa ao outro dividíndoo.
-
Se está dividindo a todo un membro, pasa ao outro multiplicándoo.
-
-
Sistema de referencia: É imposible saber se un corpo se move ou non. O máis que podemos saber é se se move respecto doutro corpo que se chama sistema de referencia.
-
Posición dun móbil: Determinámola mediante as coordenadas (x,y) ou coa distancia medida desde a orixe da traxectoria (s).
-
Espazo percorrido: é a lonxitude da traxectoria percorrida.
-
Desprazamento: distancia que hai entre os puntos de saída e de chegada medida en liña recta (non sobre a traxectoria, que pode ser curvilínea).
-
Velocidade media: Calcúlase dividindo o espazo total percorrido entre o tempo total empregado:
-
Movemento uniforme: neste movemento a velocidade vale o mesmo todo o tempo. A súa ecuación é s = so + v.t . Non ten aceleración.
-
Movemento acelerado: A velocidade vai aumentando (aceleración positiva) ou diminuíndo (aceleración negativa). A aceleración calcúlase coa fórmula:
-
As ecuacións do movemento uniformemente acelerado son:
-
Preto da Terra os corpos caen cunha aceleración de 9,8 m/s.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0