2.2.5 Aplicación das ecuacións á resolución de problemas
Actividades propostas
S13. As idades de dúas irmáns suman 38 anos. Sabemos que unha delas ten 8 anos máis cá outra. Cal é a idade de cada irmá?
S14. Tres amigos teñen en total 900 euros. Un deles ten 50 euros máis que o outro, e este o dobre que o terceiro. Cantos euros ten cada amigo?
S15. Por un pantalón máis o seu IVE (16 %) paguei 60,32 euros. Canto custa o pantalón sen o imposto?
S16. Pili ten moedas de 50 céntimos. Cámbiaas por moedas dun euro e así ten 80 moedas menos. Canto diñeiro ten?
S17. Adrián, Belén e Carlota gañaron 6.400 euros na loto. Van repartilos de xeito que Belén vai levar 400 euros menos que Adrián, e 400 euros máis que Carlota. Cantos euros leva cada un?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0