6. Glosario
-
A
-
Augas duras
Son as que conteñen unha concentración excesiva de sales de calcio e magnesio superior a 120 mg/l.
-
Apotema
Liña que une o centro co punto medio do lado dun polígono regular.
-
Arco
Parte da circunferencia comprendida entre dous puntos desta.
-
-
C
-
Calor latente
É a enerxía necesaria para que se produza o cambio de estado dunha substancia, sen que se incremente a súa temperatura. Pode ser calor latente de fusión e calor latente de vaporización.
-
Catetos
Nun triángulo rectángulo son os lados que forman o ángulo recto.
-
-
E
-
Escoamento superficial
É a auga procedente da chuvia que circula pola superficie do solo concentrándose nos leitos. É unha das causas principais de erosión do solo, sobre todo se a cuberta vexetal é escasa.
-
Evapotranspiración
Termo que abrangue o mecanismo polo que a auga é devolvida á atmosfera en forma de vapor, denominado evaporación, e a transpiración realizada polos vexetais.
-
-
F
-
Floculantes
Produtos que se engaden durante o proceso de tratamento da auga de consumo para favorecer o agrupamento das partículas de menor tamaño que se achan en suspensión, facilitando así a súa decantación.
-
Fotosíntese
Nome do proceso mediante o que as plantas captan e utilizan a enerxía da luz para transformar a materia inorgánica do aire e do solo en materia orgánica que utilizan para o seu crecemento.
-
-
M
-
Manto acuífero
Augas que flúen polo subsolo.
-
-
O
-
Ozonización
Proceso polo que se inxecta ozono á auga de consumo para a desinfectar.
-
-
R
-
Rega por aspersión
Modalidade de rega pola que a auga chega ás plantas en forma de chuvia localizada.
-
Rega pinga a pinga
Sistema de rega polo que a auga chega pinga a pinga ao solo onde se localizan as raíces das plantas.
-
Raio
Segmento que un o centro da circunferencia con calquera dos puntos desta.
-
-
S
-
Salinidade
Medida da concentración de sales disolvidos na auga.
-
Solubilidade
Capacidade de disolución dunha substancia noutra.
-
Segmento
Porción da recta comprendida entre dous puntos desta
-
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0