1.3 Obxectivos
-
Clasificar triángulos segundo os lados e segundo os ángulos.
-
Debuxar tipos de triángulos e localizar neles rectas e puntos notables.
-
Comprobar xeometricamente que a suma dos ángulos dun triángulo mide 180º.
-
Clasificar os cuadriláteros segundo o paralelismo dos seus lados.
-
Identificar propiedades e relacións en polígonos regulares de cinco ou máis lados.
-
Definir e debuxar unha circunferencia e identificar segmentos e puntos notables.
-
Utilizar fórmulas para realizar cálculos de perímetros e áreas de figuras elementais.
-
Medir coas unidades adecuadas as lonxitudes e as superficies das figuras realizadas.
-
Estimar a área de figuras logo da triangulación ou a cuadriculación correspondente, segundo proceda.
-
Debuxar figuras e anotar as medidas nelas.
-
Realizar o bosquexo con cotas de figuras sinxelas.
-
Coñecer como se realiza o tratamento das augas residuais.
-
Analizar criticamente os tipos de tratamentos existentes.
-
Valorar a importancia da auga para o consumo humano, para a agricultura e o lecer.
-
Estudar o ciclo da auga, de onde procede e como incide no medio.
-
Analizar a intervención humana no ciclo da auga.
-
Realizar unha experiencia para observar o ciclo natural da auga.
-
Elaborar un traballo de análise de tipos de contaminación das augas, logo da procura de información en internet.
-
Coñecer a distribución da auga no planeta e na Península.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0