Saltar navegación

1.1 Descrición da unidade didáctic

Neste tema estudaremos os polígonos: definición, elementos, tipos, etc. Para completar o estudo da xeometría, trátase a realización de sinxelos bosquexos con cotas de obxectos de uso cotián, a estimación de medidas de lonxitude e de superficie, e a utilización das fórmulas adecuadas para o cálculo de lonxitudes e áreas de figuras planas (polígonos e figuras circulares) por cálculo directo e por descomposición en figuras máis sinxelas, no contexto de resolución de problemas.

O segundo bloque está dedicado ao estudo da auga: propiedades físicas e químicas, ciclo natural e distribución no planeta, importancia para a vida e uso polo ser humano, incluíndo o tratamento da auga de consumo e das augas residuais, e a contaminación da auga producida pola actividade humana.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0