2.1.2 Triángulos
Lembre que un triángulo é un polígono de tres lados. Os vértices dun triángulo e os seus lados opostos noméanse coa mesma letra, os vértices con letras maiúsculas e os lados con letras minúsculas.
- Base e altura. A altura correspondente ao lado a é o segmento perpendicular desde o vértice oposto A ata o lado a, chamado base, ou á prolongación do mesmo. De igual modo, pódense definir as alturas correspondentes aos lados b e c. Xa que logo, un triángulo ten tres alturas.
Clasificación de triángulos
- Polo número de lados. Podemos clasificar os triángulos segundo a medida dos seus lados ou dos seus ángulos, como se indica na táboa seguinte.
-



Equilátero
Tres lados iguais
Isóscele
Dous lados iguais
Escaleno
Ningún lado igual
- Polos seus ángulos. Como se comprobou anteriormente, a suma dos ángulos dun triángulo é 180º. Xa que logo, dos tres ángulos soamente un pode ser recto ou obtuso, e os outros dous necesariamente son agudos.
-



Acutángulo
Tres ángulos agudos
Rectángulo
Un ángulo recto
Obtusángulo
Un ángulo obtuso
- Catetos e hipotenusas. Nun triángulo rectángulo os lados que forman o ángulo recto chámanse catetos e o lado oposto ao ángulo recto, hipotenusa.
Actividades propostas
S3 Debuxe un triángulo calquera, nomee os seus lados (a, b, c) e mídaos. Comprobe que para calquera triángulo son verdadeiras as seguintes afirmacións (nota: lembre que o signo < significa menor que).
-
- a < b + c
-
b < a + c
-
c < a + b
S4 Efectúe a seguinte experiencia.
Debuxe un triángulo calquera nun papel e recórteo.
Trace unha recta paralela a un lado a media altura, é dicir, á mesma distancia do lado que do vértice oposto, e dobre o triángulo pola recta trazada, como se indica na figura, ata facer coincidir o vértice A coa base.
Seguidamente dobre os outros dous extremos do triángulo ata que coincidan os vértices B e C co vértice A, e conteste ás cuestións.



A suma dos ángulos é un ángulo plano: 180º
-
-
Que clase de ángulo é o formado pola suma dos ángulos ?

-
Ocorre o mesmo con calquera triángulo?
-
Canto suman os tres ángulos dun triángulo?
-
S5 Clasifique os triángulos segundo os seus lados e segundo os seus ángulos.
S6 Complete táboa debuxando en cada cadro un triángulo que cumpra os dous criterios de clasificación indicados na fila e na columna correspondente.
| Acutángulo | Rectángulo | Obtusángulo | |
| Equilátero | |||
| Isóscele | |||
| Escaleno |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0








