2.1.4 Circunferencia e círculo
Circunferencia
É unha liña curva, pechada e plana, tal que todos os seus puntos están á mesma distancia doutro punto interior, chamado centro. Na circunferencia existen varios elementos:
- Raio: é o segmento que une o centro cun punto calquera da circunferencia. Nunha circunferencia existen infinitos raios.
- Corda: é o segmento que une dous puntos calquera da circunferencia.
- Diámetro: se a corda pasa polo centro recibe o nome de diámetro.
- Arco: é a parte de circunferencia comprendida entre dous puntos dela.
- Semicircunferencia: cada un dos arcos iguais en que o diámetro divide a circunferencia.
-

-
Para debuxar correctamente unha circunferencia utilízase o compás, tal e como se indica na figura
-
Círculo
É a parte do plano limitada por unha circunferencia; é dicir, o círculo contén todos os puntos interiores da circunferencia.
-


Circunferencia
Círculo
-
-

-
Ángulo central. Se trazamos dous raios calquera, o ángulo comprendido entre eles con vértice no centro da circunferencia recibe o nome de ángulo central
-
Se consideramos que a ángulo central equivalente a unha circunferencia completa mide 360º, podemos deducir que o ángulo central
mide o mesmo que o arco AB, e viceversa.
Polígonos e circunferencias
Debuxamos unha circunferencia e sinalamos nela varios puntos. Se unimos estes puntos obtemos un polígono con todos os vértices na circunferencia.
- Polígono inscritonunha circunferencia. Un polígono está inscrito nunha circunferencia cando todos os seus vértices están nela e os seus lados son cordas dela.
-



Polígonos inscritos en circunferencias
- Polígono circunscritoa unha circunferencia. Se debuxamos un polígono calquera e no seu interior unha circunferencia tanxente a todos os seus lados, diremos que o polígono está circunscrito á circunferencia. Un polígono circunscrito a unha circunferencia está situado fóra dela.
-



Polígonos circunscritos a circunferencias
Figuras circulares
No círculo podemos observar varias figuras:
-





Semicírculo
Parte en que se divide ao trazar o diámetro
Sector circular
Parte limitada por dous raios
Segmento circular
Parte limitada por unha corda e o seu arco
Coroa circular
Parte entre 2 circunferencias concéntricas
Trapecio circular
Parte da coroa circular limitada por dous raios
-
Un círculo importante na historia:
a roda
A roda é un dos inventos fundamentais na historia da humanidade, pola súa grande utilidade na olaría, no transporte terrestre e como compoñente fundamental de diversas máquinas. Os seus múltiples usos foron esenciais no desenvolvemento da humanidade.
Segundo os historiadores a roda inventouse no quinto milenio antes de Cristo, na época final do neolítico, en Mesopotamia, coa función de roda de oleiro.
Logo utilizouse na construción de carros, e difundiuse o seu uso xunto cos carros e os animais de tiro. A roda chegou a Europa e a Asia Occidental no cuarto milenio antes de Cristo, e ao Val do Indo cara ao terceiro milenio antes de Cristo.
Entre as culturas americanas non prosperou, probablemente pola ausencia de grandes animais que puideran tirar dos vehículos, e porque as civilizacións máis avanzadas ocupaban terreos escarpados.
As primeiras rodas eran simples discos de madeira cun burato central para os inserir nun eixe. A posterior invención da roda con raios permitiu a construción de vehículos máis rápidos e lixeiros, entre os anos 2000 aC e 1200 aC, ao norte de Asia Central.
A inclusión de lamias ferro arredor das rodas dos carros xorde durante o primeiro milenio antes de Cristo, nos pobos celtas. Ademais, foron os primeiros en usar no eixe uns discos de madeira moi dura a modo de rodamentos. Posteriormente, os romanos substituíronos por aneis de bronce.
No existiron grandes modificacións ata o século XIX, coa xeneralización do uso dos metais na construción de máquinas. Na década de 1880 inventáronse os pneumáticos para as rodas.
Coa Revolución Industrial a roda comezou a utilizarse preferentemente para a transmisión de movementos, e foi o principal elemento da civilización das máquinas.
S9 Indique se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións:
S10 Responda ás seguintes cuestións.
-
- Trace unha circunferencia cun compás e debuxe nela ángulos centrais consecutivos de 60º
- Cantos pode debuxar?
- E se os ángulos medisen 18º?
- Se dividimos a circunferencia en cinco arcos iguais, canto mide o ángulo central correspondente a un arco?
S11 Responda ás seguintes cuestións.
|
Que forma de figura circular ten este anaco de torta? |
|
|
Se a torta se corta en oito porcións iguais, canto mide o ángulo central de cada porción? |
|
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0