Saltar navegación

2.1 Polígonos

Se unimos tres ou máis puntos do plano por medio de segmentos, obtemos unha liña poligonal. As liñas poligonais poden ser abertas ou pechadas. Un polígono é a porción do plano limitada por unha liña poligonal pechada.

     

Liña poligonal aberta

Liña poligonal pechada simple (polígono)

Liña poligonal pechada cruzada

       Polígonos convexos e cóncavos. Un polígono é convexo se ten todos os seus ángulos convexos. Se algún dos seus ángulos é cóncavo, o polígono é cóncavo.

   

Polígono convexo

Polígono cóncavo

Denominación dos polígonos. Os polígonos noméanse polo seu número de lados. Se teñen máis de 12 lados denomínanse xenericamente polígono de n lados.

Nº de lados

Nome

3

  • Triángulo

4

  • Cuadrilátero

5

  • Pentágono

6

  • Hexágono

7

  • Heptágono

Nº de lados

Nome

8

  • Octógono

9

  • Eneágono

10

  • Decágono

11

  • Endecágono

12

  • Dodecágono

Elementos dun polígono

  • Lados: son os segmentos que forman a liña poligonal pechada.
  • Vértices: son os extremos dos lados.
  • Ángulos: son os que forman dous lados consecutivos no interior do polígono.
  • Diagonais: son as rectas que unen cada vértice cos vértices opostos do polígono.
 

 Podemos descompor un polígono en triángulos trazando desde un vértice todas as diagonais posibles. Por exemplo, un hexágono descomponse en catro triángulos.

 

Descomposición dun hexágono por triangulación

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0