Polígonos. Xeometría. A auga na natureza
3. Resumo de contidos
Polígonos
Un polígono é a porción de plano limitada por unha liña poligonal pechada. Un polígono de n lados pódese descompor por triángulos, en (n-2) triángulos.
- Polo número de lados: triángulos, cuadriláteros, etc.
- Polos ángulos: cóncavos e convexos.
- Polos lados e ángulos: regulares e irregulares.
Clasificación de triángulos
- Polos seus lados: equiláteros, isósceles e escalenos.
- Polos seus ángulos: acutángulos, rectángulos e obtusángulos.
Clasificación de cuadriláteros
- Paralelogramos: cadrados, rectángulos, rombos e romboides.
- Trapecios.
- Trapezoides.
Circunferencia, círculo e figuras circulares
É unha liña curva, pechada e plana con todos os seus puntos á mesma distancia doutro interior chamado centro. O conxunto de puntos do interior chámase círculo.
- Principais figuras circulares a partir do círculo: sector circular, segmento circular, coroa circular e trapecio circular
Perímetros e áreas de figuras planas
- O perímetro dunha figura é a suma das lonxitudes dos seus lados; exprésase en unidades de lonxitude. A área dunha figura é a medida da súa superficie e exprésase en unidades de superficie.
- As principais fórmulas para o cálculo da área das figuras xeométricas básicas son:
|
A rectángulo = b x a |
A cadrado = l x l = l2 |
| Atriángulo= |
Arombo= |
|
A romboide = b x a |
Atrapecio= |
Apóligonoregular= |
Circunferencia, círculo e figuras circulares
- Fórmulas de cálculo da lonxitude dunha circunferencia e dun arco de circunferencia:
|
L circunferencia = π x d L circunferencia = 2 x π x r |
|
- Fórmulas de cálculo da área dun círculo e das principais figuras circulares:
-


A coroa circ. = π x (R2 – r2)
A auga na natureza
A auga é o recurso natural máis importante. É un recurso escaso, distribuído irregularmente no planeta, e pode presentarse en distintas formas:
- Mares e océanos de auga salgada, cun volume total do 97,46 % da auga da Terra.
- Augas superficiais en forma líquida en ríos, lagos e augas salvaxes, que representan o 0,01 % da auga do planeta, e en forma de neve e xeo nos glaciares e casquetes polares.
- Augas subterráneas baixo da superficie terrestre, formando o chamado manto acuífero.
- Vapor diluído na atmosfera e como líquido presente no organismo dos seres vivos.
Propiedades físicas da auga
- A auga pura é incolora, inodora e insípida.
- A densidade da auga é de 1 kg/l, é dicir, 1 g/cm3, e a súa calor específica 1 caloría/gramoºC, maior que a doutras substancias semellantes.
- A temperatura de fusión da auga é de 0 ºC e a temperatura de ebulición 100 ºC.
- Esquema dos cambios de estado:
![]() |
Propiedades químicas da auga
- A salinidade media da auga do mar é de 35 g de sal por litro de auga, maior nos mares pechados e con poucos ríos, e menor nos mares fríos e con ríos caudalosos.
- As augas doces continentais conteñen cantidades moito menores de sales, principalmente carbonatos, sulfatos e cloruros de calcio, magnesio, sodio e potasio.
- A auga ten gases disolvidos en proporción moi inferior á do aire. A turbulencia da auga e as baixas temperaturas favorecen o proceso de difusión dos gases do aire na auga.
Ciclo natural da auga
- O movemento natural da auga en calquera dos seus estados físicos entre os océanos, os continentes e a atmosfera recibe o nome de ciclo natural da auga ou ciclo hidrolóxico.
- O ciclo mantense grazas á enerxía radiante do Sol e á forza da gravidade terrestre.
- O ciclo da auga pode sufrir alteracións debidas á natureza e á acción humana.
Distribución e usos da auga
- A distribución das precipitacións e dos fenómenos de evaporación na superficie terrestre non é uniforme: nas zonas subtropicais e polares hai máis evaporación que precipitacións e nas zonas tropicais e nas de latitudes medias é ao revés.
- Na actualidade o 20 % da poboación mundial carece de acceso a auga de calidade e o 50 % carece de saneamento. África e Asia occidental son as zonas de maior carencia.
- Os ríos españois presentan grandes diferenzas de caudal entre unhas estacións e outras. Máis das tres cuartas partes da auga que se consome en España dedícase á rega, o 14 % consúmese nas vilas e nas cidades, e o 6 % na industria.
- Para que toda a poboación dispoña de auga sen crear graves problemas de escaseza, é necesaria unha xestión eficaz da extracción e dos usos da auga.
Potabilización da auga de consumo
- As principais fontes de contaminación da auga son as seguintes: substancias químicas orgánicas e inorgánicas, substancias radioactivas, virus e bacterias patóxenos procedentes dos refugallos orgánicos, fertilizantes químicos, herbicidas, insecticidas e outros produtos fitosanitarios, augas negras e grises procedentes das vivendas, materias suspendidas insolubles procedentes do solo, fontes de calor, etc.
- Para que a auga sexa apta pata o consumo cómpre tratala en plantas potabilizadoras, nun proceso que consta destas etapas: filtraxe inicial, precloración, decantación, filtraxe e cloración. Se a auga é de moi mala calidade, o proceso pode pasar por outras dúas fases: filtraxe con carbón activado e ozonización ou purificación por raios ultravioleta.
Tratamento das augas residuais
- A auga ten un poder natural de autodepuración debido ás bacterias, os insectos e as plantas que viven nela.
- A maioría dos vertidos de augas residuais non sofre ningún tipo de tratamento, e descarga directamente nos ríos ou no mar para a súa degradación de xeito natural.
- O tratamento para reducir a súa carga contaminante ten estas etapas: pretratamento para eliminar os residuos de maior tamaño, repouso en tanques de sedimentación para separar os materiais en suspensión, tratamento biolóxico e químico para a eliminación das partículas de menor tamaño e tratamentos fisicoquímicos para a eliminación de contaminantes concretos: fósforo, nitróxeno, minerais, metais pesados, etc.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0
