5. Actividades complementarias
S31 Complete as seguintes frases segundo os resultados da actividade anterior.
S32 Conteste ás seguintes cuestións:
-
- Cantos raios ten un polígono regular de oito lados? E apotema
- Que segmento é maior, o raio ou a apotema?
S33. Complete cada frase co nome do cuadrilátero correspondente.
S34. Responda ás seguintes cuestións:
Que figuras circulares se forman ao inscribir un polígono nunha circunferencia?
E ao debuxar dúas circunferencias co mesmo centro e distinto raio?
S35 Repare no procedemento para debuxar un hexágono regular e un cadrado inscritos nunha circunferencia.
Hexágono regular inscrito nunha circunferencia Cadrado inscrito nunha circunferencia


-
Debuxe unha circunferencia co compás e, coa mesma abertura do raio, sinale arcos iguais de circunferencia ata chegar ao punto inicial. Una os puntos mediante cordas e ha obter un hexágono regular inscrito
-
Debuxe unha circunferencia e trace nela dous diámetros perpendiculares utilizando a regra e o cartabón. Una os extremos dos diámetros mediante cordas e ha obter un cadrado inscrito
-
Baseándose no procedemento descrito, debuxe un triángulo equilátero inscrito nunha circunferencia
-
Baseándose no procedemento descrito, debuxe un octógono regular inscrito nunha circunferencia
S36 Mida a área das seguintes figuras tomando un cadro como unidade.

S37Para medir directamente unha figura de xeito máis preciso pódese utilizar un patrón de papel milimetrado. Mida a área da seguinte figura sabendo que cada cadro pequeno mide 1 mm2 e cada dúas liñas laranxa forman un cadro de 1 cm2.

S38 Calcule a área dos seguintes polígonos regulares utilizando a fórmula axeitada.


S39. Calcule a área da seguinte figura por descomposición en figuras simples. Observe que para obter as medidas que faltan debe sumar ou restar algunhas das medidas que se indican.

S40 Canto mide o bordo dunha piscina da forma e dimensións indicadas na figura?

S41 Calcule a área das seguintes figuras circulares:
- Coroa circular de raios 5,7 cm e 23 mm.
- Sector circular de 8 cm de raio e 72º de ángulo.
- Segmento circular de 90º de amplitude nunha circunferencia de 10 cm de raio, 14,14 cm de corda e 5 cm de distancia do centro á corda.
- Trapecio circular de 35º 24’ na coroa circular do primeiro punto do exercicio.
S42 Explique de onde proceden os sales da auga do mar e de que factores depende a súa maior ou menor concentración.
Actividade de lectura
S43. Por que é importante a presenza de oxíxeno e dióxido de carbono disolvido na auga? Que factores aumentan a cantidade de osíxeno disolvido na auga?
S44. De onde procede a enerxía que mantén o ciclo hidrolóxico ou ciclo da auga?
S45. Cite algunhas accións humanas que poidan modificar o ciclo natural da auga.
S46. Cite as etapas do proceso de potabilización da auga e os procesos que teñen lugar en cada unha.
S47. Infórmese sobre a procedencia da auga que abastece a súa localidade.
-
A que outros núcleos urbanos subministra auga?
-
É sometida a algún tratamento?
S48. Explique a diferenza entre potabilización e depuración da auga. Por que é tan importante a depuración das augas residuais?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0