Saltar navegación

2.1.1 Polígonos regulares

Os polígonos que teñen todos os seus lados e todos os seus ángulos iguais denomínanse polígonos regulares. Noutro caso reciben o nome de polígonos irregulares.

Os polígonos regulares posúen centro, raios e apotemas.

  • Centro: é un punto interior do polígono que equidista dos vértices.

  • Raios: son os segmentos que unen o centro con cada vértice.

  • Apotemas: son os segmentos que unen o centro cos puntos medios dos lados e son perpendiculares a eles.

 
 

S1  Complete o cadro cos datos que faltan correspondentes a polígonos convexos.

Nº de lados Nº de vértices Nº de ángulos Nº de diagonais
3
4
5
9
8

Habilitar JavaScript

Actividade resolta

Indique cales das seguintes figuras non son polígonos e por que. Algunha delas é un polígono cóncavo?

Polígono Polígono Polígono
Polígono
Polígono
Esta figura é un polígono, xa que está delimitada por unha liña poligonal pechada.
É cóncava porque a figura ten dous ángulos cóncavos (maiores de 180º)
Non é un polígono porque non está delimitado por unha liña poligonal, xa que en parte é unha liña curva. Non é un polígono, porque non está delimitado por unha liña poligonal pechada, senón aberta. É un polígono, xa que está delimitada por unha liña poligonal pechada. É un polígono, xa que está delimitada por unha liña poligonal pechada.
É cóncava porque a figura contén un ángulo cóncavo.

 

 

S2  Nomee os polígonos segundo o número de lados e descompóñaos en triángulos.

Triángulo

 

Cuadrilátero

 

 Pentágono

 

Hexágono

Heptágono

 

Habilitar JavaScript

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0