5. - Glosario
-
A
-
Aculturación
Proceso polo que un grupo humano adquire de forma involuntaria valores alleos á súa tradición; supón a destrución dos seus esquemas culturais e a incorporación aos que lles impoñen.
-
Autarquía
Política económica que busca a autosuficiencia. Para este fin, redúcense as importacións ao mínimo e téntase producir no país todo o que se consome. A intervención do Estado na economía é moi forte.
-
-
C
-
Cortes constituíntes
As que teñen como función fundamental a elaboración dunha nova Constitución que posibilite un cambio de réxime. Unha vez aprobada a Constitución, as Cortes disólvense.
-
-
E
-
Estado federal
Modelo de Estado no que o poder está repartido entre un estado central e os distintos territorios ou estados federados.
-
-
F
-
Fronte Popular
Coalición de partidos de esquerda para opoñerse ao fascismo na década de 1930.
-
-
M
-
Metrópole
Estado que posúe colonias.
-
-
P
-
PIB
Produto Interior Bruto: valor de todas as producións (bens e servizos) dun país durante un ano.
-
Produtividade
Cantidade de produto obtido nun tempo determinado por unidade de traballo.
-
-
R
-
Restauración
Restablecemento da monarquía borbónica no trono de España, na persoa de Afonso XII, que reinou de 1875 a 1885.
-
Rexente
Persoa que exerce o poder do rei en caso de non o poder facer o monarca (por minoría de idade ou falecemento).
-
-
S
-
Soviet
Asemblea de obreiros, soldados e campesiños.
-
-
T
-
Taylorismo
Organización científica do traballo, creada por F.W. Taylor. Baséase na división do proceso de fabricación, separando as tarefas de creación das de execución. Na execución, cada obreiro realiza mecanicamente unha mesma operación nun tempo asignado.
-
Tripla Alianza
Acordo político entre Alemaña, Austria-Hungría e Italia, para illar a Francia.
-
Tripla Entente
En 1904 creouse a Entente Cordiale entre Francia e o Reino Unido. En 1907 engadiuse Rusia, pasando a denominarse Tripla Entente.
-
-
X
-
Xenocidio
Exterminio de minorías étnicas, relixiosas ou políticas.
-
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0