Saltar navegación

3. - Exercicios de autoavaliación

Exercicios de autoavaliación

1.    A causa máis importante do imperialismo foi:


O racismo.

A procura de materias primas e fontes de enerxía de balde.

O desenvolvemento dos medios de comunicación.

A busca de lugares de valor xeoestratéxico.


2.    Cal foi o feito detonante da I Guerra Mundial?.


O apoio de Rusia a Serbia.

A propagación do nacionalismo.

O asasinato do herdeiro ao trono de Austria.

As disputas coloniais en Marrocos.


3.    Cal foi a medida máis importante para a implantación do comunismo en Rusia?


A nacionalización da terra, a industria e a banca.

A separación Igrexa-Estado.

A implantación da censura na prensa.

A creación do Exército Vermello.


4.    Cal dos seguintes trazos non é propio dos réximes totalitarios?


Rexeitan a democracia.

Son anticomunistas.

Defenden o racismo.

Respectan os dereitos humanos.


5.   Con respecto aos avances científicos e tecnolóxicos do século XX, non é correcto...


Avanzaron tanto coma en toda a historia anterior.

Cada vez transcorre máis tempo entre un avance científico e a súa aplicación práctica.

A poboación multiplicouse por catro grazas aos avances da medicina e da agricultura.

As telecomunicacións permítennos estar informados en tempo real.


6.    Que afirmación referida á II Guerra Mundial é falsa?


Alemaña e a URSS firmaron un pacto en 1939.

Alemaña quería desquitarse das humillacións do Tratado de Versalles.

Alemaña sufriu a primeira derrota de mans dos británicos.

Para a rendición de Xapón, os EE UU lanzaron a bomba atómica.


7.    O principal problema do reinado de Afonso XIII foi...


Os conflitos sociais.

As derrotas do exército colonial en Guinea.

A existencia de só dous partidos políticos.

A Semana Tráxica de Barcelona en 1908.


8.   Durante a II República as reformas máis importantes foron levadas a cabo...


No bienio conservador e no goberno da Fronte Popular.

No bienio conservador e no bienio reformista.

No bienio reformista e no goberno da Fronte Popular.

No bienio reformista.


9.    Durante o réxime de Franco...


Respectáronse os dereitos humanos.

Implantouse un réxime político autoritario.

Recibíronse axudas do Plan Marshall.

España ingresou na ONU en 1940.


10.    En Galicia, de 1900 a 1975...


A poboación rexuveneceuse e fíxose urbana.

Detívose a emigración.

Redimíronse os foros.

Aprobouse o seu primeiro Estatuto de Autonomía.


Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0