Saltar navegación

2.3.2- A sociedade

A burguesía foi unha clase pouco numerosa, debido á escasa industrialización. Comezou a actuar como elemento dinamizador da economía a primeiros do século, en sectores como a banca, as conservas e a electricidade.

A comezos do século XX máis da metade da poboación era campesiña. En 1926 desapareceron legalmente os foros, e os labregos mercaron as rendas agrarias, grazas aos cartos que mandaban os familiares emigrados a América. Xa que logo, convertéronse en donos das terras que traballaban. Por outra banda, a influencia caciquil foi diminuíndo pouco a pouco.

Coa redención dos foros, os fidalgos, que eran unha clase poderosa que vivía do cobramento de rendas aos labregos, foron extinguíndose. O proletariado foi pouco numeroso; a partir de 1960 prodúcese un incremento paralelo ao proceso industrializador.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0