Saltar navegación

2.3.1- A poboación

 

 emigracion

Igual que no resto de España, a poboación galega aumentou pasando de 1,9 millóns a comezos do século XX a 2,64 millóns en 1975.

Desde 1940 prodúcense un avellentamento, un transvasamento cara ao mundo urbano e unha concentración nas zonas costeiras das provincias atlánticas.

Como a maioría vivía da agricultura, e esta era de escasa produtividade, a emigración converteuse nunha saída obrigatoria: a finais do século XIX emigraron a América 200.000 persoas; despois da I Guerra Mundial fixérono 100.000; a partir de 1959 diríxese a Europa occidental

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0