A época das grandes tensións internacionais (1890 - 1945)
4.1. - Solución as actividades propostas.
Respostas as actividades propostas
S1.
- A necesidade de conseguir materias primas e fontes de enerxía abundantes e baratas; a procura de mercados para colocar os excedentes da produción; o investimento dos beneficios; a emigración; o prestixio que dá a posesión de colonias; o racismo; e os progresos dos medios de comunicación, sobre todo co barco de vapor.
S2.
- a) Francia: a parte occidental de África e o sueste de Asia. Reino Unido: a metade oriental de África e o sur de Asia.
- b) O goberno de Francia exercía en exclusiva o control político e administrativo das colonias. O Reino Unido estableceu os dominios de maioría branca, concedéndolles un goberno e un parlamento autónomos a cambio de sometérense ás directrices británicas en política exterior e defensa.
S3.
- Economicamente supuxo a destrución da agricultura tradicional e a súa substitución por grandes plantacións de produtos demandados na metrópole. Os produtos que elaboraban os nativos foron substituídos por produtos industriais importados da metrópole, arruinando así a artesanía local.
- Socialmente produciu unha profunda aculturación que lles quebrou a súa identidade.
S4.
- a) Tripla Alianza: Alemaña, Austria-Hungría, Italia e Turquía. Tripla Entente: Francia, Reino Unido, Rusia e Xapón. Países neutrais: España e Dinamarca.
- b) Porque se vía que nunha Europa dividida en dous bandos con intereses contrapostos unha guerra entre elas era inevitable, e comezaron unha carreira de armamentos, nun período coñecido como paz armada.
S5.
- a) A tensión existente entre os dous bloques; o desexo de desquite de Francia sobre Alemaña pola perda de Alsacia e Lorena; a disputa por territorios coloniais; a competencia entre as potencias imperialistas para poder colocar na exportación os excedentes da súa produción; a propagación entre as poboacións europeas dun forte nacionalismo; a crise dos Balcáns.
- b) O conflito iniciouse cando foi asasinado en Saraxevo (Bosnia) o herdeiro ao trono de Austria, o arquiduque Francisco Fernando, o 28 de xuño de 1914.
- c) Características: enfrontamento simultáneo das principais potencias do mundo durante longo tempo e nun espazo xeográfico amplo; intervención dos Estados nos asuntos económicos; a incorporación da muller a traballos que ata ese momento se consideraban exclusivos dos homes; aparición de armas novas, que fixeron deste enfrontamento o máis mortífero e sanguento dos coñecidos ata daquela.
S6.
- a) Alemaña foi declarada responsable do conflito, tivo que reducir o seu exército, pagar fortes sancións económicas aos países vencedores, perdeu as colonias e territorios en Europa (devolveu Alsacia e Lorena a Francia) e prohibíuselle unirse con Austria no futuro.
- b) En Europa creáronse varios Estados novos: Hungría, Checoslovaquia, Iugoslavia, Finlandia, Estonia, Letonia, Lituania e Polonia.
S7.
- Era un resto do Antigo Réxime: monarquía absoluta, nobreza con privilexios, campesiños acabados de saír da servidume feudal, non había Parlamento representativo, nin partidos políticos. O sistema derrubouse pola súa incapacidade de levar a cabo as reformas políticas necesarias para modernizarse.
S8.
- O goberno provisional buscaba a implantación dun réxime político liberal, como os que se estaban a implantar en Europa Occidental. Os soviets buscaban a revolución social e crear un réxime comunista.
S9.
- a) O 26 de outubro de 1917, 8 de novembro no noso calendario.
- b) Nacionalizaron a terra, a industria, a banca, o comercio e os transportes; suprimiron os privilexios; decretaron a separación Igrexa Estado; organizaron un exército moi eficaz; disolveron a Duma; decretaron a unión dos poderes lexislativo e executivo; prohibiron as folgas; e exerceron un forte control e censura sobre a prensa.
S10.
- a) Despois da I Guerra Mundial. Porque este conflito supúxolle un gran negocio, ao proporcionarlles aos países belixerantes alimentos, armas, produtos industriais e préstamos.
- b) Aplicando técnicas tayloristas que abaratan os custos de produción.
- c) O consumo masivo é o motor da economía capitalista.
S11.
- a) A superprodución de produtos industriais fixo que as empresas deixaran de obter beneficios; deste modo, o valor das súas accións baixou. Ante este panorama, os accionistas puxeron en venda as súas accións, co que o valor das mesmas baixou aínda máis.
- b) Jones comeza a ter problemas en 1928, cando ten que botar man do soldo para pagar os créditos.
- c) J.M. Keynes propuxo a intervención do Estado para organizar a economía, controlando os prezos, fixando os salarios, subvencionando as empresas para fomentar o emprego e investindo en obras públicas.
S12.
- a) Na desconfianza da validez do sistema democrático, que non fora quen de evitar unha guerra, nin de satisfacer as demandas da burguesía nin as do proletariado nin de poñer en pé as economías.
- b) Porque, entre outras medidas, concentraron todo o poder político nas mans dun líder; anularon a separación de poderes; rexeitaron a democracia e as liberdades políticas e individuais; prohibiron os partidos políticos…
S13.
- a) Na ciencia.
- b) Resposta libre.
S14.
- a) Coa produción de alimentos, as melloras hixiénicas e os avances médicos.
- b) Porque moitas enfermidades infecciosas provocaban consecuencias tráxicas.
S15.
- a) Resposta libre.
- b) De arriba a abaixo, e de esquerda a dereita: expresionismo, cubismo, dadaísmo, surrealismo, flauvismo e cubismo.
S16.
- a) Que eran dous réximes políticos antagónicos.
- b) Para Stalin supuña gañar tempo para prepararse militarmente ante un ataque alemán.
S17.
- a) O desquite de Alemaña polas humillacións ás que foi sometida no Tratado de Versalles. As múltiples repercusións da crise de 1929. O enfrontamento entre réximes autoritarios e democráticos. A agresiva política de expansión territorial alemá. O fracaso da Sociedade de Nacións para resolver conflitos. A carreira de armamentos seguida por Alemaña. O perigo que comportaban as distintas alianzas.
- b) A imposibilidade de solucionar pacificamente os problemas fronteirizos no Leste.
S18.
- F – V – V – F – V – F – V.
S19.
- A maioría dos partidos políticos e unha minoría de intelectuais opúñanse ao sistema; a corrupción do sistema electoral; as derrotas do exército colonial en Marrocos; os conflitos sociais; o terrorismo; a Semana Tráxica; e a folga xeral revolucionaria convocada por UXT e CNT en 1919.
S20.
- a) "porque quereriamos vivir sempre na legalidade".
- b) " …dos homes que por unha ou outra razón nos ofrecen o cadro de desgrazas e inmoralidades…".
- c) "… e ameazan a España cun fin tráxico".
- d) " agora imos reunir todas as responsabilidades e imos gobernar nós".
- e) " Non temos que xustificar o noso acto,que o pobo san demanda e impón.".
- f) " Asasinatos de prelados, exgobernadores, axentes da autoridade, patróns, capataces e obreiros".
S21.
- Afonso XIII quería un goberno autoritario e asumía as ideas dos militares.
S22.
- a) Nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 os partidos republicanos triunfaron nas cidades; este feito considerouse un apoio á República.
- b) O goberno provisional estaba formado por socialistas, republicanos de esquerdas e nacionalistas cataláns de esquerda.
- c) A Constitución de 1931 implantaba o sufraxio universal masculino e feminino; recoñecía os dereitos individuais dos cidadáns; contemplaba a posibilidade de constituír gobernos autonómicos; establecía a separación da Igrexa e do Estado; o presidente da República sería elixido polo Congreso e exercía a Xefatura do Estado.
S23.
- a) Reforma militar, educativa, relixiosa e agraria, e aprobación do Estatuto catalán.
- b) Con elas pretendíase modernizar España.
- c) O goberno de dereitas é cualificado como antirreformista porque desmantelou as reformas do goberno anterior.
- d) Largo Caballero: "…o noso deber é traer o socialismo."; Calvo Sotelo: " Prefiro ser militarista a ser masón, a ser marxista…"
S24.
- a) Segundo Franco, xustifican a rebelión: a anarquía, os políticos que fomentan a violencia, os enfrontamentos entre os cidadáns e as folgas revolucionarias.
- b) Para Mola, a sublevación librou a España da anarquía, do caos e dunha sanguenta revolución.
- c) Para Martínez Barrio, a verdadeira causa era rematar coa democracia porque lles reducía os privilexios ás clases dominantes.
S25.
- a) A ONU condenou o réxime por ter un goberno fascista imposto ao pobo, apoiado polas potencias do Eixe e non representativo. Sancións impostas: non ingresar nos organismos internacionais ata que se instaure en España un Goberno novo.
- b) Os EEUU mudaron de actitude con respecto a España porque, no contexto da Guerra Fría, valorou como positivos o anticomunismo de España e a súa situación xeoestratéxica.
S26.
- a) Foron anos de pobreza, de miseria e de escaseza alimentaria.
- b) Resultados das entrevistas.
- c) No Plan de Estabilización desvalorizouse a peseta para facilitar as exportacións, limitouse o gasto público, aumentáronse os impostos e facilitouse a entrada de capital estranxeiro.
- d) O Plan de Estabilización preparou o desenvolvemento económico dos anos posteriores, pero diminuíu o consumo, aumentou o paro e provocou unha forte emigración a Europa.
S27.
- a) O PIB incrementouse unha media do 7 % anual; as exportacións duplicáronse; a economía pasou de ter unha base agraria a outra industrial; a poboación activa ocupada nos sectores secundario e terciario era do 70 %.
- b) Transformacións sociolóxicas: incremento da poboación urbana polo éxodo rural; aumento considerable de traballadores no sector terciario; aparición da clase media (obreiros cualificados e empregados de servizos); maior presenza da muller no mundo laboral; inicio do consumismo; nacemento dunha sociedade máis aberta, tolerante e secularizada, de trazos europeos occidentais.
- c) O réxime franquista procuraba a eliminación dos que cría que eran os seus inimigos, o que motivou unha durísima represión ata 1952.
- d) Opúñanse ao réxime: o maquis, ETA, o Partido Comunista, as Comisións Obreiras e o movemento estudantil.
S28.
- a) A poboación galega experimentou un forte incremento, avellentouse, foise concentrando nas cidades costeiras das provincias atlánticas e seguiu emigrando.
- b) Socialmente, os campesiños eran a maioría da poboación; a burguesía era pouco numerosa, debido á escasa industrialización; e o proletariado incrementouse a partir da industrialización de 1960.
- c) O feito que mellorou as condicións de vida dos campesiños foi a desaparición das rendas forais.
- d) Coa redención dos foros, os fidalgos, que eran unha clase poderosa que vivía do cobramento de rendas, foron extinguíndose.
S29.
- a) Agricultura atrasada e unha a escasa industrialización.
- b) Sectores industriais: construción naval, fábrica de tabacos, conservas e automóbil.
S30.
- a) O ideario político das Irmandades da Fala era: "Galicia é unha nacionalidade, e ten o dereito fundamental de ser dona absoluta de si mesma".
- b) No 1922 deron un xiro cara á non intervención en política, e defenden a difusión da cultura galega como obxectivo prioritario do nacionalismo.
- c) Os fundamentos teóricos do nacionalismo galego foron establecidos pola Xeración Nós (Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas e Castelao).
- d) O Estatuto de Autonomía de Galicia foi redactado polo Partido Galeguista e outras institucións en 1932.
- e) A Guerra Civil impediu a súa aprobación.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0