Saltar navegación

2.3.3 - A economía

O retraso na agricultura e a escasa industrialización foron as características principais. A fins do XIX o arsenal de Ferrol e a fábrica de tabacos da Coruña eran as industrias máis salientables. Logo, a industria conserveira experimentou un grande pulo, e chegou a producir no ano 1915 máis da metade das conservas de España, exportando aos mercados europeos. Este sector estimulou a actividade dos estaleiros.

Durante a autarquía a situación económica foi como no resto do Estado: estancamento ou mesmo retroceso na produción, con fame xeneralizada e racionamento dos alimentos.

Na década de 1960, co Plan de Estabilización, prodúcese un relanzamento económico nas cidades de Vigo (automóbil e estaleiros), A Coruña e Ferrol, coa construción naval como sector punteiro.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0