6. Glosario

A

 

  • Apócope

 

 

Eliminación dalgún son ao final dunha palabra. Exemplos: tele (por televisión), zoo (por zoolóxico)....

G

  • Gheada

Fenómeno fonético propio da lingua galega que consiste en pronunciar o g aspirado, de modo parecido ao j do castelán. É propio da metade occidental do territorio galego.

P

  • Palabra comodín

Aquela que se emprega con multitude de significados, substituíndo outras máis precisas nese contexto concreto. Exemplos: cousa, facer...

 

S

 

  • Seseo

Fenómeno fonético propio da lingua galega que consiste na ausencia do fonema fricativo interdental xordo /θ/ e a presenza dun s, nas posicións nas que o galego común realiza /θ/: Exemplos: lus, des, rapás, sapato, sebola, Vilagarsía....

 

T

 

  • Tecnicismo

Palabra empregada cun sentido propio nunha determinada área de coñecemento. Exemplos: anáfora (lingüística), byte (informática)...

 

 

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License