A comunicación persoal
2.2.2 Exemplo de instancia
|
Marta Solana Bilbao, alumna da facultade de Veterinaria de Lugo, con DNI 36451324R, veciña da mesma cidade, con domicilio na rúa dos Paxariños, 61 e con teléfono 645786656 EXPÓN: Que compaxina os seus estudos universitarios cun traballo como auxiliar de enfermería de 9:00 a 14:00 horas. Que na facultade de Veterinaria asignáronlle o grupo A, con clases polas mañás, polo que lle resulta imposible asistir con regularidade. E por iso, SOLICITA: Que lle permitan cambiar ao grupo B, que recibe as clases en horario de tarde. Lugo, 2 de setembro de 2011
SRA. DECANA DA FACULTADE DE VETERINARIA DE LUGO |
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License
