2.2.4 Exemplo de recurso

Andrés González Pérez, con DNI 34656421P e domicilio para efectos de notificacións na rúa Lisboa, 600 – 13ºK de Santiago de Compostela (C.P. 15799),

INTERPÓN RECURSO

Contra a resolución sancionadora 0692985 ditada o 14 de xuño de 2011 pola Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña, con motivo dunha suposta infracción do artigo 52 do Regulamento Xeral de Circulación.

FEITOS

1. A denuncia notificada incorre nun vicio iinarranxable de invalidez, pola infracción do disposto no artigo 10.2. do regulamento de procedemento sancionador en materia de tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria (Real decreto 320/1994, do 25 de febreiro) que establece:

"As denuncias formuladas polos axentes da autoridade sen parar os denunciados non serán válidas a non ser que consten nelas e se notifiquen as causas concretas e específicas polas que non fose posible deter o vehículo".

E no presente caso, na notificación da denuncia non consta ningunha causa específica pola que non se comunicara nese momento a suposta infracción.

2. A documentación remitida non acredita que o radar utilizado para detectar o suposto exceso de velocidade se sometese satisfactoriamente a todos os controis metrolóxicos establecidos pola Orde de 11 de febreiro de 1994 (BOE do 19 de febreiro).

Por todo o exposto, SOLICITA

Que se admita este escrito e, tendo en conta os motivos contidos nel, se acorde sobreser o expediente sancionador.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2011.

 

SR. XEFE PROVINCIAL DE TRÁFICO DE A CORUÑA

Actividades propostas

Actividades propostas

S2. Cal é o tema principal do texto 2.3?

S3. Cal é o tema principal do texto 2.5?

Actividades propostas

S4. Elabore unha instancia na que solicite ao seu Concello un permiso para remodelar a súa casa, tendo en conta os elementos vistos no texto teórico 2.2.

Actividades propostas

S5. Elabore un recurso tras recibir a denegación do permiso solicitado no exercicio anterior, tendo en conta os elementos vistos no texto teórico 2.4.

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License