2.3.2 Estilo directo e indirecto (aspectos teóricos)

  • Estilo directo. É o feito de reproducir o dito por alguén literalmente, dicindo xusto as mesmas palabras; é como se fixeramos unha cita textual e, polo tanto, a mensaxe irá entre comiñas. Exemplos:

    • Ana dixo: "onte fun ao médico".

    • Marta pensou: "hoxe esquecín outra vez o meu libro".

    • Brais berrou: "aquí non se escoita!".

Como ve, as expresións en estilo directo introdúcense mediante verbos de lingua (dicir, murmurar, berrar...) ou de pensamento (pensar, cavilar, reflexionar, matinar, etc.)

  • Estilo indirecto. Mais tamén temos a posibilidade de dicir o mesmo sen utilizar exactamente as mesmas palabras que empregou o emisor. Este é o estilo indirecto. Exemplos:

    • Ana dixo que fora ao médico o día anterior.

    • Marta pensou que ese día esquecera outra vez o seu libro.

    • Brais berrou que nese sitio non se escoitaba.

Este procedemento é idéntico nas dúas linguas do ámbito. Os trazos máis característicos de cada un dos estilos son os seguintes:

Estilo indirecto

Estilo directo

  • Un narrador cóntanos a conversa mantida entre dous ou máis interlocutores.

  • Reproduce literalmente a conversa entre dous ou máis personaxes.

  • Para dar cohesión e sentido, utilízanse certos recursos: oracións unidas mediante verbos e enlaces (dixo que..., sabía que...); conectadores que unen parágrafos ou ideas (en fin, pero...); nalgunhas ocasións utilízanse formas verbais en tempos distintos aos da conversa directa (exemplo: El dixo que tiña que facer iso).

  • Representa na lingua escrita as mesmas palabras e entoacións da conversa, utilizando recursos como: a raia (—) para indicar que fala un personaxe ou o nome do personaxe directamente; entre parénteses póñense as aclaracións sobre o carácter ou movementos do personaxe; os signos e interrogación, exclamación...

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License