2.4.1 Variedades sociais da lingua. Rexistros (aspectos teóricos)
-
Ver Glosario: palabra comodín; apócope, tecnicismo
A lingua, tanto a oral como a escrita, aínda sendo sempre a mesma, pode adoptar diversas modalidades que variarán segundo factores sociais como son a personalidade e a formación do emisor, a súa intención, as circunstancias en que teña lugar a comunicación, o tipo de relación que exista entre o emisor e o receptor, etc.
Pensemos, por exemplo, nunha profesora de universidade. Esta persoa non se expresará da mesma maneira cando se dirixe aos seus alumnos para dar unha clase que cando fala coa súa familia de temas cotiáns ou cando participa nunha reunión de veciños da súa comunidade. Este feito dá lugar aos chamados rexistros ou niveis da lingua.
Rexistros ou niveis de lingua
-
Rexistro culto ou formalizado. Caracterízase porque posúe unha gran precisión, claridade e rigor. As expresións son coidadas e o vocabulario amplo, variado e específico, relacionado co tema que se está a tratar e que moitas veces inclúe tecnicismos.
-
Rexistro coloquial ou familiar. Caracterízase pola súa expresividade e fluidez. Neste rexistro poden aparecer palabras con dobre sentido, expresións populares, repeticións, frases breves, diminutivos afectivos, palabras comodín, refráns e frases feitas, apócopes... Emprégase nas situacións de comunicación informais, entre persoas de confianza (familiares, amigos).
-
Rexistro vulgar.Caracterízase polas frecuentes incorreccións na construción das frases ou na pronuncia das palabras, tamén polo emprego dun vocabulario pobre e repetitivo.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License