5. Exercicios de autoavaliación

Pregunta de Elección Múltiple

1. Que é a instancia?

É un documento mediante o que realizamos unha petición oral dirixida a algunha das administracións públicas.

É un documento mediante o que realizamos unha denuncia informal dirixida a algunha das administracións públicas.

É un documento mediante o que realizamos unha petición escrita dirixida a algunha das administracións públicas.

É un documento mediante o que realizamos unha denuncia escrita dirixida a algunha das administracións públicas.


2. Que partes compoñen a instancia?

Encabezamento e corpo.

Encabezamento, corpo e pé.

Encabezamento e pé.

Corpo e pé.


3. Que é o recurso?

É un documento que se utiliza para reclamar contra unha decisión tomada por unha empresa privada e coa que non estamos de acordo.

É un documento que se utiliza para reclamar contar unha decisión tomada por un particular e coa que estamos de acordo.

É un documento que, igual que a instancia, se utiliza para reclamar contra unha decisión tomada pola administración e coa que non estamos de acordo.

É un documento que se utiliza para reclamar contra unha decisión tomada pola Administración e coa que non estamos de acordo.


4. A lingua oral ou escrita ten diferentes rexistros segundo...

Unha serie de factores socioculturais,como son a personalidade e a formación do emisor, a súa intención, as circunstancias en que ten lugar a comunicación, o tipo de relación que exista entre o emisor e o receptor, etc.

Unha serie de factores de carácter exclusivamente económico.

Unha serie de factores xeográficos, pois as expresións varían dependendo da orixe do emisor.

Non depende de ningún factor porque a comunicación oral ou escrita é sempre a mesma.


5. Que rexistros ou niveis de lingua existen?

Rexistro culto e coloquial.

Rexistro culto e vulgar.

Rexistro culto, coloquial e vulgar.

Só existe un rexistro: o coloquial.


6. Cales son os elementos que caracterizan a oración desde un punto de vista sintáctico?

Só o suxeito.

Só o predicado.

O suxeito, o predicado e o substantivo.

O suxeito e o predicado.


  1. Desde o punto de vista semántico, que tipos de oracións existen?

Enunciativas, exclamativas, exhortativas, dubitativas e desiderativas.

Interrogativas, exclamativas, exhortativas, dubitativas e desiderativas.

Enunciativas, interrogativas, exclamativas, dubitativas e desiderativas.

Enunciativas, interrogativas, exclamativas, exhortativas, dubitativas e desiderativas.


8. A que chamamos estilo directo?

Ao feito de reproducir o dito por alguén con outras palabras, dicindo xusto as mesmas palabras; é como se fixeramos unha cita textual e, por tanto, o texto irá entre comiñas.

Ao feito de reproducir o dito por alguén literalmente, dicindo xusto as mesmas palabras; é como se fixeramos unha cita textual e, polo tanto, o texto irá entre comiñas.

Ao feito de reproducir o dito por alguén nun determinado momento do pasado.

Ao feito de reproducir o dito por alguén literalmente, dicindo xusto as mesmas palabras; é como se fixeramos unha cita textual e, polo tanto, o texto irá entre exclamacións.


  1. A que chamamos estilo indirecto?

Ao feito de reproducir o dito por alguén utilizando exactamente as mesmas palabras que empregou.

Ao feito de reproducir o dito por alguén sen utilizar exactamente as mesmas palabras que empregou.

Ao feito de reproducir o dito por alguén sen utilizar exactamente as mesmas palabras que empregou. Para iso utilizamos as comiñas.

Ao feito de reproducir o dito por alguén nun determinado momento do pasado.


10. Que diferenzas aparecen reflectidas nas chamadas variedades dialectais ou dialectos da lingua galega?

Diferenzas comúns a unha determinada zona xeográfica (ex: seseo e gheada).

Diferenzas de tipo léxico-semántico.

Diferenzas comúns a unha determinada zona xeográfica (ex: galego e castelán).

Diferenzas comúns a unha determinada zona xeográfica (ex: rexistro formal e coloquial).


11. Cales son os trazos máis significativos das variedades dialectais da lingua galega?

O seseo e os plurais de palabras agudas rematadas en –ós (exemplo: camiós).

O seseo e a gheada.

O seseo, a gheada e o cheísmo.

O seseo, a gheada e os castelanismos.


12. En que ano aparece o libro Cantares Gallegos? De quen é?

1863. Francisco Añón.

1800. Padre Sarmiento.

1863. Rosalía de Castro.

1863. Marcial Valladares.


13. Cales son os tres grandes poetas do Rexurdimento galego?

Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Luz Pozo Garza.

Rosalía de Castro, Nicomedes Pastor Díaz e Eduardo Pondal.

María Mariño, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal.

Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal.


14. Como se chama e de quen é a primeira novela longa escrita en galego?

Os libros arden mal. Manuel Rivas.

Maxina ou a filla espúrea. Marcial Valladares.

Crónica de nós. Méndez Ferrín.

Grupo Abeliano. Cid Cabido.


15. Que temas aparecen no teatro do Romanticismo español?

Temas amorosos.

Temas sociais.

Temas filosóficos.

Temas lendarios, cabaleirescos, aventureiros ou de historia nacional, sempre dramáticos.


16. Que tres xéneros destacan na prosa romántica?

O artigo periodístico, o cadro de costumes e a sátira.

O artigo periodístico, a crítica social e a novela histórica.

O drama, o cadro de costumes e a novela histórica.

O artigo periodístico, o cadro de costumes e a novela histórica.


17. Que xénero literario cultivou José Zorrilla?

Poesía romántica.

Teatro romántico.

Novela histórica.

Cadro de costumes.


18. Que características presentan os textos administrativos e xurídicos?

Obxectividade, claridade e precisión.

Linguaxe moi innovadora.

Emprego abundante de oracións desiderativas.

Ausencia de enumeracións.


19. Cal é un requisito indispensable para rematar con éxito unha entrevista de traballo?

Empregar o rexistro coloquial, para demostrar confianza.

Usar frases breves, propias da comunicación oral.

Responder con coherencia e cohesión ás preguntas do entrevistador.

Utilizar unha linguaxe pouco innovadora.


20. Cal das seguintes características non é propia da comunicación oral?

Predominio da subxectividade.

Presenza de redundancias.

Abundancia de frases breves.

Ausencia de oracións interrogativas.


Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License