2.1.1 Faladoiro. Asociciacións veciñais
Sen ten acceso a internet, vexa o vídeo titulado Faladoiro II_11/03/09 no seguinte enderezo:
Poderá observar os trazos característicos da comunicación oral:
-
Predominio da subxectividade; por iso é frecuente o uso da primeira persoa.
-
Interacción entre os interlocutores, que se observa pola presenza de interrogacións.
-
Redundancias: repeticións de temas, de palabras e de expresións.
-
Abundancia de frases breves, incompletas e con elisións.
Actividades propostas
Actividades propostas
S1. Texto 2.1.Vexa o vídeo e responda ás cuestións:
-
Cal é o tema principal do texto?
-
Cre que neste faladoiro se respectan as regras de comunicación oral, permitindo ao espectador comprender adecuadamente os puntos de vista das persoas que interveñen? Razoe a resposta.
-
Neste texto establécese un diálogo fluído e comprensible entre as persoas que interveñen no faladoiro. Cre que establecer un diálogo deste tipo, no que cada unha das partes escoite a outra e respecte o seu punto de vista é positivo? Razoe a resposta.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License