2.2.3 O recurso (aspectos teóricos)

O recurso é un documento que se utiliza para reclamar unha decisión tomada pola Administración e coa que non estamos de acordo. Calquera recurso administrativo debe ser elaborado, por lei, tendo en conta os seguintes puntos:

  • Nome e apelidos da persoa que recorre, así como a identificación do medio e, se é o caso, do lugar que se sinalan para os efectos de notificación.

  • Acto que se recorre e, ademais, a razón da súa impugnación.

  • Lugar, data e identificación da persoa que recorre.

  • Órgano, centro ou unidade administrativa á que se dirixe o recurso.

  • Outras particularidades esixidas en cada caso segundo as disposicións específicas.

É importante ter en conta que na maioría dos casos, cando unha persoa presenta un recurso, faino asesorada por un avogado ou avogada. Isto é así porque no recurso cómpre engadir unha serie de referencias legais (nas que o individuo se ampara para a súa presentación) que non son de coñecemento xeral.

Estrutura do recurso

  • Encabezamento: deben aparecer os seguintes datos:

    • Nome e apelidos do recorrente e o número do seu DNI.

    • Lei (artigos, alíneas...) en que se basea para interpor o recurso.

  • Corpo: divídese, normalmente, nas seguintes partes:

    • A primeira ábrese coa fórmula: interpón/interpoño o recurso ordinario, e deseguido deben aparecer os seguintes datos:

  • Determinación do tipo de acto administrativo que se recorre: unha resolución, un acordo, un acto de trámite, etc.

  • Data en que se ditou o devandito acto administrativo.

  • Autoridade ou funcionario que ditou o auto.

  • Determinación do contido do acto que se recorre (feitos e circunstancias...).

  • Esta parte péchase coa fórmula seguinte: baseándose nos seguintes datos ou baseándose nos seguintes motivos:

    • A continuación aparecerán ordenadas as razóns da pretensión de impugnación do recorrente. Esta parte ábrese coa fórmula motivos e péchase con Por todo isto.

    • Logo aparece a fórmula solicita/solicito e nas liñas seguintes a petición de interposición do recurso contra a resolución ou o acordo citados.

  • : aparece formado polas seguintes alíneas:

    • Lugar onde se quere recibir a notificación e medio de notificación (optativo).

    • Lugar e data do recurso.

    • Sinatura ou outro medio que acredite a persoa que recorre.

    • Órgano administrativo ao que se dirixe o recurso.

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License