6. Glosario

A

  • Alfabeto

Consta de vinte e tres letras ou grafías, todas de xénero masculino: a, be, ce, de, e, efe, gue, hache, i, ele, eme, ene, eñe, o, pe, que, erre, ese, te, u, uve, xe, zeta.

 

E

  • Etimoloxía

Estudo da orixe das palabras, cando son incorporadas a un idioma, de que fonte proceden e como a súa forma e significado evolucionaron ao longo do tempo.

  • Estereotipo

É unha imaxe mental moi simplificada e con poucos detalles acerca dun grupo de xente que comparte certas calidades, características e habilidades. O termo adoita usarse cun sentido negativo.

  • Os estereotipos máis comúns do pasado incluían unha ampla variedade de alegacións sobre diversos grupos raciais e predicións de comportamento baseadas no estatus social ou na riqueza.

  • Na literatura e na arte os estereotipos son personaxes ou situacións predicibles. Exemplo: un demo estereotípico é malvado, de cor vermella, con cornos, rabo e tridente.

 

P

  • Pronome

Os pronomes son palabras que sinalan ou substitúen outras que, polo xeral, xa foron nomeadas. Son substitutos do nome. Exemplo: Ricardo non arranxou a casa como el quería

 

R

  • Romanización

Proceso polo cal a cultura romana se implanta noutro país durante o período de dominio romano sobre este.

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License