2.5.2 Ameite tanto esta tarde
-
Ameite tanto esta tarde,
cando non estabas,
e estaba o ceu como un atlas de ausencia,
esbarando nas horas!Que estraño é todo isto, este amor que se agolpa
e verte a súa furia por acima de unha
sen piedade!Non sei por que estes días en que te amo tanto
e tan fundo e tan duro e tan tristeiro,
días en que quixera aniquilarte
de tanto amor como me tinxe o corpo
e me lastima os dentes.Esta tarde ameite como invasión de escumas
en sartegos tenrísimos.Non sei que estrañas aves aniñaron en min
para que así te ame,
Non sei que tortas rutas ou mans confabuladas
me trouxeron a ti,
non sei por que camiños navegou o meu sangue
para chegar a ti.Non sei se faro ou torre ou terra prometida
foron marcando o norte dos meus sucosSó sei que aquí me tés, a ti oferecida,
sen culpa deste amor que caeu sobre min
non sei se como pedra ou lóstrego ou fervenzaEsta tarde ameite como nunca,
pero ti non estabasPallarés, Pilar, Sétima soidade, colección Esquío, Ferrol, 1984
Actividades propostas
Actividades propostas
S.23. Ademais do substantivo "amor", que ten connotacións positivas, localice no poema outros substantivos e algún adxectivo con connotacións negativas.
S.24. O texto comeza e remata coa mesma idea recorrente. Léao de novo e explique coas súas palabras o contido temático deste poema.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License