2.3.3 A orixe das palabras galegas (aspectos teóricos)
A maior parte das palabras do léxico galego proceden do latín,que foi introducido na Península Ibérica coa romanización. Pero tamén hai palabras máis antigas procedentes dos pobos prerromanos, e outras posteriores que achegaron os pobos que viñeron despois da caída do Imperio Romano (principalmente xermanos e árabes).
Palabras de orixe prerromana
-
Atopamos nomes comúns referidos a plantas e animais: carballo, amieiro, bidueiro, rodaballo...
-
Nomes relacionados coa vida doméstica e agrícola: cabana, cabazo, carro, gándara, veiga, billa, burato, berce...
-
Topónimos: Barallobre, Sillobre, Sar...
Palabras de orixe xermana
-
Topónimos: Allariz, Guitiriz, Gondomar, Samil...
-
Antropónimos: Afonso, Elvira, Henrique, Luís...
-
Palabras relacionadas coa actividade guerreira: frecha, gañar, bando...
Palabras de orixe árabe
-
Aceite, alfaia, almofada, laranxa, limón, arroz, azafrán, cenoria, alcume...
Palabras patrimoniais, cultas e semicultas
Como dixemos, a maioría das palabras do galego proceden do latín. Estas palabras de orixe latina, segundo a súa evolución ata a actualidade, divídense en tres grupos: patrimoniais, cultas e semicultas.
-
Palabras patrimoniais: forman a maior parte do noso léxico e foron evolucionando ao longo dos séculos de xeración en xeración, diferenciándose da súa forma orixinal. Exemplos:
-
Cheo, que vén do latín plenum.
-
Enteiro, que vén do latín integrum.
-
Ollo, que vén do latín oculum.
-
Leite, que vén do latín lactem.
-
Orella, que vén do latín auriculam.
-
Palabras cultas: tiveron unha incorporación máis serodia e practicamente non sufriron evolución con respecto á forma latina orixinal. Exemplos:
Como leva visto polos exemplos anteriores, é moi frecuente atopar no noso léxico palabras que experimentaron unha dobre evolución e na actualidade subsisten na forma culta e na forma patrimonial.
-
Pleno, que vén do latín plenum.
-
Íntegro, que vén do latín integrum.
-
Óculo, que vén do latín oculum.
-
Lácteo, que vén do latín lactem.
- Aurícula, que vén do latín auriculam
- Palabras semicultas, son palabras que, aínda que a súa incorporación é moi antiga, sufriron poucas transformacións por ser de uso culto e, polo tanto, de escasa utilización. Exemplos: Praga,que vén do latín plagam.
-
Latín
Forma culta
Forma patrimonial
Filium
Filial
Fillo
Cathedram
Cátedra
Cadeira
Frigidum
Fríxido
Frío
Vinculum
Vínculo
Vencello
Actividades propostas
S.16. Os dicionarios dannos información sobre a orixe das palabras. Busque estas nun dicionario e escriba de que palabra e lingua proceden.
-
Palabra galega
Palabra da que procede
Lingua da que procede
Lúa
Cor
Meiga
Guerra
Azucre
S.17. Coa axuda do dicionario busque unha palabra culta (cultismo) e unha palabra patrimonial que procedan destas palabras latinas.
-
Latín
Forma culta
Forma patrimonial
Populus
Petra
Macula
Secretum
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License